Saraibas

Grupo de San Sadurniño que outorga un maior protagonismo á parte vogal ca a instrumental nas súas composicións, onde o protagonismo das súas oito voces é innegábel, e quen ten publicado seis discos na súa andaina. O primeiro deles, o histórico Unha terra, un pobo, unha fala, no ano 80. Nunha andaina que rematará vinte anos despois, tras a publicación de Cancións, (Sons Galiza, 1996) e Cantamos para poder voar, (Galiza up, 1999). Ao longo dos seus traballos manteñen unha liña uniforme, onde as letras tradicionais, nomeadamente as de corte humorístico, son o sinal de identidade do grupo.