Xarín

Grupo tradicional do Incio que gravou a súa estrea a finais dos noventa. Gaiteiros do Incio, (Zouma Records, 1999), é un traballo que segue as liñas da tradición, malia a inclusión do acordeón e maila frauta traveseira nalgún dos seus temas. Despois chegaría Galaguech.