Lydia Botana

Lydia Botana, “Bolboreta”, músico multinstrumentista natural de Culleredo (A Coruña) ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma esembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección de coros.

Titulada polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical en decembro de 2011. Ten a titulación do Grado Profesional de piano cursado entre o Conservatorio de Culleredo e o da Coruña.
Presenta un directo con posibilidade de varios formatos, dende o acústico en solitario ata a incorporación dunha banda que recentemente a acompaña tocando os seus temas que fusionan xéneros musicais coma o latin, o rock, o pop, o ska... e versións que abranguen dende o tradicional “Eu chorar chorei” ata o reggae de Bob Marley.
A banda confórmana Paco Cerdeira (Zënzar, Mamá Cabra) á guitarra eléctrica, Torroncho (Ruxe Ruxe, Anfibia, musical Galicia Caníbal) ó baixo e o pequeno Anxo Silveira (Talesien,Tolemia) á batería.
Xunto con diferentes grupos, participou en festivais e circuitos de música coma: Rock Marino 2004 (A Coruña) con Deixaví; xira co Coro Verdianeum de Parma (Italia) realizando a B.S.O do film “L´uomo che verrâ” en 2009; 7º Busker´s Festival Barcelona, X e XI Foundation Reggae Festival (Everton Blender, Fidel Nadal, Andrew Tosh- Culleredo, A Coruña), IX e XI Festival Reperkusión (Ourense), Brincadeira 2011 (Europe, Rosendo, La Kinky Beat- Ordes, A Coruña), Nordestazo Rock 2011e 2012 (Che Sudaka/Dios ke te crew- Malpica, A Coruña), Castañazo Rock 2011 (Reincidentes, The Locos- Chantada, A Coruña), Festigal 2012 (La Phaze, Zënzar- Santiago de Compostela), Brincadeira 2012 (Calle 13, Status Quo- Cambre, A Coruña), etc.
En febreiro 2012 grava, integramente, "No me importa nada" e "Walk away" ó ser convidada pola Universidade de Paul McCartney en Liverpool onde actuó na mítica sala The Cavern. En agosto 2012 grava tamén "Quen nos queima", misturado por Javier Abreu coa colaboración na voz de Garcia Mc (Dios ke te crew) e ó baixo Sebas (Che Sudaka).

En 2012, ao abandonar a banda coa que xirou polo estado dende 2008 como teclistas/percusionista de ska/reggae/punk coa que gravou o disco Sin fronteras (Skarallaos), comeza a formar parte de novos proxectos como Labreg*s do tempo dos Sputniks na batería e o acordeón xunto co Leo Arremecaghona e García Mc. Forma parte da Banda Fura Fura xunto con Ico (Lamatumbá, O Sonoro Maxín), Bocixa (Zënzar), Antón (Papaqueixos, Tres trebóns), Amil (Ultraqäns), Brais (Sacha na horta), Roi (Quempallou), A Magnifique Band dos Homes sen Medo,…
Colabora asiduamente coa banda de rock Zënzar como acordeonista e á voz. Tamén coa banda de punk Konflikto aos teclados e ó acordeón.
Ten colaborado nos directos de bandas coma La Pegatina con Xurxo Souto (Diplomáticos de Monte Alto), Canteca de Macao, Dakidarria, Dios ke te crew, Baokas 46, Chimango, Desorden Público, … Ten tocado tamén con Gogol Bordello, Manu Chao, Joan Garriga (La Troba Kung Fu/Dusminguet), O´Funkillo...
No 2013 saiu elixida polo alumnado dos institutos de secundaria de Galicia coma gañadora do Cantalingua e participou nos concertos organizados polo Correlingua. Participou no tributo á Rosalía no Teatro Rosalia de Castro cantando coma solista acompañada pola Banda Municipal de A Coruña. Neste ano estrea tamén o seu proxecto chamado “De aquí para alá”, un concerto didáctico para público infantil con músicas do mundo.
Na actualidade encóntrase gravando o seu primeiro cd en solitario e pódese atopar en diferentes recopilatorios coma o 7º Buskers Festival Barcelona (2011), IX Festival Reperkusión (2011), e en solitario ten publicado coma Bollboreta o tema “Quen nos queima” no recopilatorio “Lo peor de la rumba” xunto con Manu Chao, Amparo Sánchez, La Pegatina, Che Sudaka...


Novas Relacionadas:

Buscar no Cartafol:

Índice Alfabético de Grupos

A-B-C-D-E-F-G-H-I-J-K-L-M-N-O-P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto