NAO no Culturgal 2018

Achegámonos á que é a Feira das Industrias Culturais de Galiza -o Culturgal-. No sábado día 1 de Decembro puidemos falar cos NAO, tan só uns días antes da presentación en sala do seu derradeiro traballo "Ata que o lume se apague". Ao culturgal tamén foron presentar un petisco de dito disco xa que foron os encargados de pecha-lo espazo carpa, rematando o pequeno directo rodeados de amigos...

Ler máis

O sector musical será feminista ou non será

A asociación MIM créase no 2016 co obxectivo de dar visibilidade a todas as mulleres da industria musical. En dous anos de existencia a asociación pasou de 30 a máis de 300 asociadas e asociados, contribuíu a introducir mulleres en paneis, xurados, mesas de debate, profesorados, e tamén nalgúns escenarios. Xerou unha web de libre consulta que da visibilidade a artistas e profesionais do sector, e ...

Ler máis

Xa escoitamos o último de Ezetaerre "Pólvora e tormenta"

Falamos do novo traballo de Ezetaerre, “Pólvora e Tormenta”. Gravado, mesturado e masterizado por Iago Pico en Pousada Son Studios, é a confirmación de que este grupo de rapaces inda teñen moito que dicir no panorama da música galega e en galego. A presentación ao vivo deste disco, será este sábado 1 de decembro na sala Karma en Pontevedra, onde estarán acompañados dunha das, moitas, colaboracións...

Ler máis

Viaxamos a 1952

Tanxedoras presenta o seu 3° disco, 1952, no que homenaxean a Alan Lomax. Do legado deste etnomusicólogo, que percorreu infinidade de pobos do mundo recollendo as súas musicas tradicionais e que en novembro de 1952 (de aí o título do disco) estivo no noso país “rescatando” un patrimonio musical importantísimo, do que o trío Tanxedoras extraeu 18 xoias da música tradicional galega. Marabilladas por...

Ler máis

Unha noite no muíño non é nada, 15 anos si son muiñada.

E a roda do muíño segue a moer. Xs convidadxs pasaron pola carpa nas Lagoas en Bueu, para festexar o 15 aniversario da banda do "Bal Miñor", si con B escribían esta rapazada nos anos máis mozos como rebeldía. Rebeldía que non se detén se non que segue a crecer, inspira e xunta a milleiros de persoas ala por onde van. DKR é das bandas galegas que é capaz de pechar calquera festival, pois ...

Ler máis

Nuns días Ezetaerre virán cargados de "Pólvora e tormenta"

“Máis de mil tormentas despois, coa pólvora aínda no ar, seguimos tragando po. O mesmo po que erguemos cando organizamos a tempestade, brotando de cada un dos nosos corpos que bateu contra o chan, esvaecéndose entre os dedos dos puños que golpean o ceo.” Esta é a presentación que a banda galega Ezetaerre fai do seu novo disco. “Pólvora e tormenta (Letras para Woody Mellor)” (New Beats, 2018) que s...

Ler máis
012345
Ver Video
Non era sen tempo xentiña pero xa tedes dispiñible a videoclipe da putísima Bakarrá!! Desta vez a canción será CHARLIE...
Ver Video
Tema incluído no Lp SOÑOS E QUIMERAS (2018) Letras / Voces por GatoPersa e Moudafaka Instrumental por Screwaholic Gravación...
Ver Video
-http://recunchodetambo.blogspot.com/2... -Videoclip argallado polo alumnado de 4º de Primaria. -Trama: dúas bandas discuten...
Ver Video
Cuarto tema de “Metacognición (2018)” titulado |O que precisas|, que conta coa colaboración de Bardo DC. Instrumental...

GZmúsica TV Temporada 5 - 2017

O decimoterceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Chantada, o 10 e 11 de novembro de 2017. Este ano o Castañazo Rock medrou, dous días de moita festa nunha Chantada ateigada de festivaleir@s. Cantos de taberna, magosto, xogos populares, o nacemento dunha nova banda punk infantil da man de Peter Punk Pallaso e Brais Das Hortas, a xira despedida de Chotokoeu, o regreso dos Rastreros e máis música a cargo de Sons of Aguirre, Terbutalina, Arrhythmia, ZOO e Mafalda Grupo. Velaquí o decimoterceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O duodécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Barcelona, o 7 e 8 de outubro de 2017. Para celebrar o programa 50 de GZmúsica TV montamos no Xangai e viaxamos até Nou Barris, para asistirmos ao encontro galego-catalán-canario artellado para o 40 aniversario do Ateneo Popular do barrio barcelonés. Velaquí o duodécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O undécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Ponteareas o 29 de setembro de 2017. Un ano máis FestiVal das Brétemas encheu de música Ponteareas. Mercedes Peón, DudeCan, Sofia Espiñeira, Ivandro Soares, Chicas de la Habana, Menina Arroutada e Glitchgirl, Sonidero Mandril, Netas da Maurizia pasaron polo escenario bretemoso. Máis música na sesión vermú da man do Coro Fuscalheiro e Tamborililás - Batukada Feminista e ademais obradoiros, pasarrúas, proxeccións e palestras sobre o feminismo romaní. Velaquí o undécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O décimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Domaio, concello de Moaña o 16 de setembro de 2017. Riders, circo e concertos durante todo o día cos Santos Morcegos, Terbutalina, Foxy Freire ou Arizona Baby. Velaquí o décimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O noveno programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Combarro, concello de Poio o 26 e 27 de agosto de 2017. Actividades a eito por todas as ruelas de Combarro e á noite concertos cos Heredeiros, Ruxe Ruxe, Talco ou Def Con Dos. Velaquí o noveno programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O oitavo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 19 e 20 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sétimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 18 e 19 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sexto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilariño, O Hío, na comarca do Morrazo, o 19 agosto de 2017. Donicelas, Susana Seivane, Che Sudaka e The Skarnivals pasaron pola area da praia na 18ª edición da Festa Folc. Velaquí o sexto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O quinto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilanova de Arousa, o 12 e 13 agosto de 2017. Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Rebeliom do Inframundo, Medomedá,...,Punk-rock e hip hop galegos pero tamén moitísima troula para unha nova edición do Rockin' Vila. Velaquí o quinto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O cuarto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Cesantes, Redondela, o 8, 9 e 10 de xuño de 2017. Skándalo GZ, Sokram, Kumpania Algazarra ou Fanfarria Taquikardia pasaron polos escenarios do festival que alagou a vila choqueira e música e cultura durante 3 días. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O terceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado na aldea de Cans, no Porriño, o 25 e 26 de maio de 2017. Fomos até o Festival de Cans e non só a ver cine, que tamén, senón a ver (e escoitar) moita música. Os músicos/reporteiros de Terbutalina, Eladio y Los Seres Queridos ou Radio Océano. Aquí vos queda o terceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O segundo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Salceda de Caselas, o 12 e 13 de maio de 2017. Fomos a derradeira? edición da Festa Treze-Catorze, máis unha vez, para pasar unha xornada estupenda e gozar dos concertos do Puto Coro, Compañía do Ruído, A.P.I.S.A. ou Ulträqäns, entre outros. Aquí vos queda o segundo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O primeiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Lugo, o 17 e 18 de febreiro de 2017. Fomos até o Festival da Candeloria, máis unha vez, para andar de cantos de Taberna pola cidade das murallas e asistir aos concertos da noite. Dakidarría, Arrhythmia, Rebeliom do Inframundo, Labreg@s do Tempo dos Sputniks ou Aspencat pasaron polo festival e polas nosas cámaras. Aquí vos queda o primeiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

GZmusica.com - Músicas da Galiza

Xa están aquí as camisolas de GZmúsica!

1 de abril, cando van os burros onde non deben ir. GZmúsica cumpriu 1 ano na rede. E para celebrármolo, e de paso acadar algo de financiamento para o noso proxecto, presentámosvos a 1ª edición das camisolas GZmúsica. Grazas á colaboración da xente de Caramuxo podemos ofrecervos este espectacular deseño para serdes os máis modernos do torreiro da festa!

Ler máis...

Xa está a chegar a IV Muiñada de Vimianzo

Primeiramente comezar pedindo desculpas, por ter tan parada a web estes últimos meses. Pouquiño a pouco tentaremos ir retomando a actividade normal.

O Próximo sábado 20 de Outubro Vimianzo volta á época da infancia de moitas veciñas e veciños, ou inclusive das súas nais e avoas. Un pasado labrego que se lembra con foliada, concertos, magosto, teatro, gastronomía, xogos, obradoiros e unha morea de actividades.

Ler máis...

GZmúsica TV - Especial Revenidas

O Episodio Especial Revenidas de GZmúsica TV emitiuse o venres 16 de agosto ás 24h, en Vía TV na TDT e tamén en streaming nesta web. Desta volta, a DiscoTasca de GZmúsica TV desprazouse até Vilaxoán para gozar cos 3 días do Festival Revenidas. De aí saíu este especial de 100 minutos de duración, no que poderedes ver o que aconteceu no festival da vila do Salnés.

Ler máis...

GZmúsica TV - Programa XV A Candeloria 2015

O décimoquinto -e último- programa da segunda temporada de GZmúsica TV está dedicado ao Festival da Candeloria. Fomos gravar a Lugo. Neste programa estivemos cos Nao, Terbutalina, Ruxe Ruxe, Los Chikos del Maíz, etc. Tamén fomos aos Cantos de Taberna, á Sesión Vermú con Ataque Escampe e falamos con moita da xente que se achegou a Lugo a pasada fin de semana.



Ler máis...

“As andanzas de Paio”, de Oviravai, un libro disco para nenas e nenos viaxeiros

Un libro disco para nenos e nenas con vocación viaxeira. O grupo vigués Oviravai presenta este sábado, día 14, ás 18h, na Casa do Libro de Vigo o seu primeiro traballo, “As andanzas de Paio”. Paio, un teixugo viaxeiro que percorre medio mundo vivindo as máis emocionantes aventuras, é o protagonista deste traballo, que podes escoitar no artigo.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 1 de 168

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto