GZmúsica TV - 2020 - Programa 5

O quinto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xullo de 2020. Antes de ser subido á rede foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R. Neste quinto programa da nova andaina de GZmúsicaTV: fomos até Pontevedra para ser testemuñas do primeiro concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, onde presentou "As Catedrais Silencias", o seu novo d...

Ler máis

Vieiras e vieiros, historias de peregrinos da man de Luar na Lubre

O álbum, editado por Warner Music e producido por Mirmidón, está dispoñible desde o venres 26 de xuño de 2020 en todas as plataformas dixitais e nas tendas físicas do territorio estatal. O fundador do grupo, Bieito Romero, sinala que o disco “é unha débeda que tiñamos pendente coa música, co público e, moi especialmente, con quen percorreu o Camiño de Santiago acompañado polas creacións de Luar ...

Ler máis

O grupo de funk Enxeito estrea o seu novo disco Superfunk

Enxeito sacou á luz este 2 de xullo o seu novo traballo titulado Superfunk. Os de Bueu estrean o seu primeiro disco como banda ao completo. Composto de oito temas propios, o disco xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. O grupo mostra ás claras cales son as súas preferencias musicais nun traballo baseado no funk pero no que hai espazo para unha ampla diversi...

Ler máis

GZmúsica TV 2020 - Programa 4

O cuarto programa desta nova temporada de GZmúsica TV foi gravado a comezos de xuño de 2020. Antes de ser subido á rede foi emitido por Nós TV na súa canle dixital, na plataforma R. Neste cuarto programa da nova andaina de GZmúsicaTV: fomos á praia cos Putos e o Vítor foi dar os seus primeiros pasos no Froilanismo co Puto Coro. Traémosvos os últimos videoclips de Broa e Boyanka Kostova.

Ler máis

Esposa publican os EPs ‘Belo Horizonte’ e ‘É o que hai’

Esposa presentou hai dous meses estes dous novos discos, que recollen o traballo da banda nos últimos dous anos. Cancións propias, unha delas inédita e un feixe de versións libres de bandas de rock anglosaxoas dos 70s e 80s do século pasado. Entra no artigo para escoitares as novas cancións da banda compostelá.

Ler máis

Ortigueira abre o concurso Runas para grupos noveis de 2020

A inmensa maioría dos festivais do país adiaron ou suspenderon os concertos deste ano. Porén, seguen a traballar, desde as redes e enfocados xa a vindeira edición. Por exemplo, o Festival de Ortigueira que vén de anunciar que bota a andar o Runas 2020 para grupos noveis, con varias novidades.

Ler máis
012345
Ver Video
Videoclip realizado por Juan Garrido (@juan.garrrido) Interpretado por Catuxa Fabeiro, Jorge Fraga, Alexandre Iglesias, Olesya Kanevska, Paula Noya, Óscar Revillas e Manuel...
Ver Video
Segundo tema da maqueta #Fase2. Obrigada umha vez máis tanto a Elvira como a Brais por fazer-me caso e deixar-me tolear-lhes a cabeça. Brais Merelas - Grabaçom e mestura ...
Ver Video
Sofía Espiñeira presenta o videoclip de "A vida contemplativa", tema pertencente ao primeiro disco da cantautora galega "Alá onde agroman as herbas". Esta canción é unha...
Ver Video
Nesta entrega #11 as artistas convidadas son Brash e Jess I desde Vigo. Dende o colectivo Yimi You Rek en Vigo, traen esta nova achega para As Verbas da Rúa. Brash publicou a...

GZmusica.com - Músicas da Galiza

GZmúsica TV - Programa_10 Morrasound

O décimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Domaio, concello de Moaña o 16 de setembro de 2017. Riders, circo e concertos durante todo o día cos Santos Morcegos, Terbutalina, Foxy Freire ou Arizona Baby. Velaquí o décimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

"Comezamos cuspindo rabia e agora estamos tratando de darlle amor, enerxía e alegría á xente que, coma nós, pelexa día a día"

Dakidarría publica hoxe o seu novo EP, Filosofía incendiaria, noveno traballo en 15 anos da banda do Val Miñor. Aproveitamos a ocasión para recuperar a nosa sección de entrevistas e falar un pouquiño con Gabri, o cantante do grupo. Velaquí tes o que lle contou onte ao noso compañeiro Lavesedo. E de paso, podes escoitar as 5 cancións que compoñen o novo EP de Dakidarría.

Ler máis...

Vídeocrónica do Armadiña Rock 2019


Outro ano máis, o Armadiña Rock encheu Combarro de cultura. Unha presada de bandas do país co engadido dos bosníacos Dubioza Kolektiv foron o prato forte, nos concertos da noite na praza da Chousa mais o Armadiña é moito máis. Actuacións circenses, faladoiros, obradoiros e actividades para as crianças, música a todas horas e en todos os recantos da fermosa vila mariñeira. E iso que os repunantiños que de sempre volveron facer a súa aparición.

Ler máis...

Adentrándonos nas Nostalxias de Samu ACaracán


Samu ACaracán, acompañado coma sempre dos Tinta Femia, vén de publicar novo disco. Nostalxias é unha compilación dos temas en galego que leva tocando 10 anos pola súa bisbarra, O Morrazo, e arredores. Agora mesmo está inmerso nunha xira de presentación en acústico do disco, que o levou hai uns días até o Aturuxo de Bueu. Neste artigo, o Xabicas fálanos desta estrea do Samu.

Ler máis...

Grilo ponlle lume este venres á Capitol



Os composteláns Grilo apresentarán o seu primeiro disco esta sexta feira, 31 de xaneiro, na Sala Capitol, acompañados de Pauliña. O contundente trío creado no 18 en Compostela gravou a finais do ano pasado Dálle lume nos Estudios Mafia do Carballiño, 9 composicións cunha produción moi apegada ao son ao vivo da banda. Entre elas, Xandre, que pon música á derradeira carta escrita por Alexandre Bóveda antes de ser asasinado polos fascistas. Pégalle unha escoita ao disco para aprenderes os temas para o concerto de mañá!

Máis artigos...

Páxina 11 de 183

<< Inicio < Anterior 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Seguinte > Final >>

GZmúsica TV Temporada 5 - 2017

O decimoterceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Chantada, o 10 e 11 de novembro de 2017. Este ano o Castañazo Rock medrou, dous días de moita festa nunha Chantada ateigada de festivaleir@s. Cantos de taberna, magosto, xogos populares, o nacemento dunha nova banda punk infantil da man de Peter Punk Pallaso e Brais Das Hortas, a xira despedida de Chotokoeu, o regreso dos Rastreros e máis música a cargo de Sons of Aguirre, Terbutalina, Arrhythmia, ZOO e Mafalda Grupo. Velaquí o decimoterceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O duodécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Barcelona, o 7 e 8 de outubro de 2017. Para celebrar o programa 50 de GZmúsica TV montamos no Xangai e viaxamos até Nou Barris, para asistirmos ao encontro galego-catalán-canario artellado para o 40 aniversario do Ateneo Popular do barrio barcelonés. Velaquí o duodécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O undécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Ponteareas o 29 de setembro de 2017. Un ano máis FestiVal das Brétemas encheu de música Ponteareas. Mercedes Peón, DudeCan, Sofia Espiñeira, Ivandro Soares, Chicas de la Habana, Menina Arroutada e Glitchgirl, Sonidero Mandril, Netas da Maurizia pasaron polo escenario bretemoso. Máis música na sesión vermú da man do Coro Fuscalheiro e Tamborililás - Batukada Feminista e ademais obradoiros, pasarrúas, proxeccións e palestras sobre o feminismo romaní. Velaquí o undécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O décimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Domaio, concello de Moaña o 16 de setembro de 2017. Riders, circo e concertos durante todo o día cos Santos Morcegos, Terbutalina, Foxy Freire ou Arizona Baby. Velaquí o décimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O noveno programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Combarro, concello de Poio o 26 e 27 de agosto de 2017. Actividades a eito por todas as ruelas de Combarro e á noite concertos cos Heredeiros, Ruxe Ruxe, Talco ou Def Con Dos. Velaquí o noveno programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O oitavo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 19 e 20 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sétimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 18 e 19 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sexto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilariño, O Hío, na comarca do Morrazo, o 19 agosto de 2017. Donicelas, Susana Seivane, Che Sudaka e The Skarnivals pasaron pola area da praia na 18ª edición da Festa Folc. Velaquí o sexto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O quinto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilanova de Arousa, o 12 e 13 agosto de 2017. Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Rebeliom do Inframundo, Medomedá,...,Punk-rock e hip hop galegos pero tamén moitísima troula para unha nova edición do Rockin' Vila. Velaquí o quinto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O cuarto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Cesantes, Redondela, o 8, 9 e 10 de xuño de 2017. Skándalo GZ, Sokram, Kumpania Algazarra ou Fanfarria Taquikardia pasaron polos escenarios do festival que alagou a vila choqueira e música e cultura durante 3 días. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O terceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado na aldea de Cans, no Porriño, o 25 e 26 de maio de 2017. Fomos até o Festival de Cans e non só a ver cine, que tamén, senón a ver (e escoitar) moita música. Os músicos/reporteiros de Terbutalina, Eladio y Los Seres Queridos ou Radio Océano. Aquí vos queda o terceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O segundo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Salceda de Caselas, o 12 e 13 de maio de 2017. Fomos a derradeira? edición da Festa Treze-Catorze, máis unha vez, para pasar unha xornada estupenda e gozar dos concertos do Puto Coro, Compañía do Ruído, A.P.I.S.A. ou Ulträqäns, entre outros. Aquí vos queda o segundo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O primeiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Lugo, o 17 e 18 de febreiro de 2017. Fomos até o Festival da Candeloria, máis unha vez, para andar de cantos de Taberna pola cidade das murallas e asistir aos concertos da noite. Dakidarría, Arrhythmia, Rebeliom do Inframundo, Labreg@s do Tempo dos Sputniks ou Aspencat pasaron polo festival e polas nosas cámaras. Aquí vos queda o primeiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto