GZmúsica TV - Programa 7 Revenidas (I)


O sétimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 18 e 19 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Primeira parte do programa especial adicado ao Festival Revenidas 2017. Nesta entrega poderedes vivir os dúas primeiros dias do festival, sardiñada popular, gala de circo, animación de rúa e moita música.


SonDaRúa - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=1m57s

Bolboreta - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=9m33s

Gala de Circo - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=16m12s

Skindred - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=1h7m29s

Sardiñada e cociñeiro Mahou - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=32m48s

Terbutalina - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=25m44s

La Pegatina - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=21m10s

Doen - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=46m10s

Dakidarría - https://youtu.be/YDbkr4GklN4?t=56m45s


GZmúsica TV Temporada 5 - 2017

O primeiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Lugo, o 17 e 18 de febreiro de 2017. Fomos até o Festival da Candeloria, máis unha vez, para andar de cantos de Taberna pola cidade das murallas e asistir aos concertos da noite. Dakidarría, Arrhythmia, Rebeliom do Inframundo, Labreg@s do Tempo dos Sputniks ou Aspencat pasaron polo festival e polas nosas cámaras. Aquí vos queda o primeiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

O segundo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV gravouse en Salceda de Caselas, o 12 e 13 de maio de 2017. Fomos a derradeira? edición da Festa Treze-Catorze, máis unha vez, para pasar unha xornada estupenda e gozar dos concertos do Puto Coro, Compañía do Ruído, A.P.I.S.A. ou Ulträqäns, entre outros. Aquí vos queda o segundo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O terceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado na aldea de Cans, no Porriño, o 25 e 26 de maio de 2017. Fomos até o Festival de Cans e non só a ver cine, que tamén, senón a ver (e escoitar) moita música. Os músicos/reporteiros de Terbutalina, Eladio y Los Seres Queridos ou Radio Océano. Aquí vos queda o terceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O cuarto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Cesantes, Redondela, o 8, 9 e 10 de xuño de 2017. Skándalo GZ, Sokram, Kumpania Algazarra ou Fanfarria Taquikardia pasaron polos escenarios do festival que alagou a vila choqueira e música e cultura durante 3 días. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O quinto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilanova de Arousa, o 12 e 13 agosto de 2017. Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Rebeliom do Inframundo, Medomedá,...,Punk-rock e hip hop galegos pero tamén moitísima troula para unha nova edición do Rockin' Vila. Velaquí o quinto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sexto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilariño, O Hío, na comarca do Morrazo, o 19 agosto de 2017. Donicelas, Susana Seivane, Che Sudaka e The Skarnivals pasaron pola area da praia na 18ª edición da Festa Folc. Velaquí o sexto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA


O sétimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 18 e 19 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


VER PROGRAMA

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto