GZmúsica TV - Temporada 4

GZmúsica TV - Programa 6 Castañazo Rock 2016

O sexto programa desta cuarta temporada de GZmúsica TV gravouse en Chantada, sábado 29 de outubro de 2016. Fomos até o Castañazo Rock, máis unha vez, para andar de cantos de Taberna pola vila do Asma e asistir aos concertos da noite. Poetarras, Nao, La Raíz, Def Con Dos, Esne Beltza, Familia Caamagno e Ezetaerre pasaron polo festival e polas nosas cámaras. Aquí vos queda o sexto programa de GZmúsica TV - Temporada 4.



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 5 FestiVal das Brétemas 2016

O quinto programa desta cuarta temporada de GZmúsica TV gravouse en Ponteareas, sexta feira 30 de setembro e sábado 1 de outubro de 2016. Fomos até o FestiVal das Brétemas, onde pasamos unha boa xornada, cun feixe de propostas fantásticas e non usuais en festivais. Aínda nos deu tempo a falar con xente como Chotokoeu, Tremenda Jauría ou as Punkiereteiras. Aquí vos queda o quinto programa de GZmúsica TV - Temporada 4.



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 4 Armadiña Rock 2016

O cuarto programa desta cuarta temporada de GZmúsica TV gravouse en Combarro o 26 e mais o 27 de agosto de 2016. Outro dos grandes festivais das Rías Baixas no verán de 2016, o Armadiña Rock 2016. Banda Crebinsky, Nao, Agoraphobia, Siniestro Total ou Noite Fechada nos concertos da noite. Teatro, parolada, sesión vermú e música na rúa durante o día. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 4.



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 3 Rockin'Vila 2016

O terceiro programa de cuarta temporada de GZmúsica TV gravouse en Vilanova de Arousa o 9 e mais o 10 de setembro de 2016. Seguimos no Salnés e viaxamos de Vilaxoán a Vilanova para asistir ao Rockin'Vila 2016, con Ulträqäns, Dakidarría, Deseqilibrio Mental ou Sokram, entre outros. Deixámosvos co terceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 4.




Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 2 Revenidas 2016

A segunda paraxe da cuarta temporada de GZmúsica TV levounos a un lugar ben coñecido, Vilaxoán de Arousa. Alí asistimos ao Revenidas 2016. Máis un ano, a vila mariñeira do Salnés foi o epicentro da música galega e de volta GZmúsica estivo alí. Deixámosvos 3 vídeos, un por día de festival, con moitas das cousas interesantes que alí houbo. Aquí vos queda o segundo programa de GZmúsica TV - Temporada 4



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 1 Rapasons 2016

Chega outro verán e comezamos unha nova temporada, a cuarta, de GZmúsica TV. Facémolo en Sabucedo, no Rapasons 2016, festival que visitamos por vez primeira. O 1 de xullo fomos até a comarca de Tabeirós -Terra de Montes e estivemos con Sés, os Cuchufellos, Xabier Díaz, Fanfarria Taquikardia e Ataque Escampe. Churrasco, cabalos e música. Aquí vos queda o primeira programa de GZmúsica TV - Temporada 4



Ler máis...

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto