GZmúsica TV - Temporada 3

GZmúsica TV - Programa IV Festivaleiros Maio 2016

Este ano parte da crew gzmusiqueira vólvese embarcar na experiencia festivaleira. Chega o cuarto programa desta temporada de GZmúsica TV, con visita ao Freixo Rock en Vigo, á Festa Treze-Catorze en Salceda de Caselas e ao Festival de Cans no Porriño. Keltoi, Os Diplomáticos de Monte Alto, Camarada Nimoy ou Os Tres Trebóns forman parte desta primeira parte da ruta festivaleira de 2016. Ven connosco nesta ruta festivaleira que acabamos de comezar.



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa III Festa da Chuvia 2016

Este ano volvemos ao barco da Chuvia e alí gravamos o terceiro programa desta temporada de GZmúsica TV. Festa en Ribeira e Rianxo conectadas polo barco da Chuvia na primeira festa interportuaria galega. Estivemos coa Magnifique Bande dos Homes sen Medo, con Mad Martin Trío, Con Dog Rose, coa Punkestra Chumeiras e con Quempallou. Comimos mexilóns abordo, tirámonos polo chan en Rianxo e falamos con moitas das enroladas nesta singradura.



Ler máis...

GZmúsica TV - Programa II A Candeloria 2016

Segundo programa da terceira Temporada de GZmúsica TV, dedicado ao festival da Candeloria 2016. Fomos un ano máis até Lugo e estivemos cos Diplomáticos de Monte Alto, Zoo, Familia Caamagno, Zënzar ou os Poetarras, ademais de falarmos co público, asistir aos cantos de taberna, etc.




Ler máis...

GZmúsica TV - Programa I Castañazo Rock 2015

Comezamos a terceira Temporada de GZmúsica TV. A pasada fin de semana fomos gravar a Chantada, ao Castañazo Rock. Nesta décimoterceira edición do Castañazo estivemos con Sés, Liviao de Marrao, Dios Ke Te Crew, La Gossa Sorda, Berri Txarrak e Paddy and the Rats. E tamén nos Cantos de Taberna e nos Xogos Bravús, claro. Aquí tes un programa enteiro dedicado ao que aconteceu na vila do Asma o 31 de outubro de 2015.



Ler máis...

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto