GZmúsica Tv - Temporada 5

GZmúsica TV - Programa_13 Castañazo Rock

O decimoterceiro programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Chantada, o 10 e 11 de novembro de 2017. Este ano o Castañazo Rock medrou, dous días de moita festa nunha Chantada ateigada de festivaleir@s. Cantos de taberna, magosto, xogos populares, o nacemento dunha nova banda punk infantil da man de Peter Punk Pallaso e Brais Das Hortas, a xira despedida de Chotokoeu, o regreso dos Rastreros e máis música a cargo de Sons of Aguirre, Terbutalina, Arrhythmia, ZOO e Mafalda Grupo. Velaquí o decimoterceiro programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa_12 Nou Barris

O duodécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Barcelona, o 7 e 8 de outubro de 2017. Para celebrar o programa 50 de GZmúsica TV montamos no Xangai e viaxamos até Nou Barris, para asistirmos ao encontro galego-catalán-canario artellado para o 40 aniversario do Ateneo Popular do barrio barcelonés. Velaquí o duodécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa_11 FestiVal das Brétemas

O undécimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Ponteareas o 29 de setembro de 2017. Un ano máis FestiVal das Brétemas encheu de música Ponteareas. Mercedes Peón, DudeCan, Sofia Espiñeira, Ivandro Soares, Chicas de la Habana, Menina Arroutada e Glitchgirl, Sonidero Mandril, Netas da Maurizia pasaron polo escenario bretemoso. Máis música na sesión vermú da man do Coro Fuscalheiro e Tamborililás - Batukada Feminista e ademais obradoiros, pasarrúas, proxeccións e palestras sobre o feminismo romaní. Velaquí o undécimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa_10 Morrasound

O décimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Domaio, concello de Moaña o 16 de setembro de 2017. Riders, circo e concertos durante todo o día cos Santos Morcegos, Terbutalina, Foxy Freire ou Arizona Baby. Velaquí o décimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 9 Armadiña Rock

O noveno programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Combarro, concello de Poio o 26 e 27 de agosto de 2017. Actividades a eito por todas as ruelas de Combarro e á noite concertos cos Heredeiros, Ruxe Ruxe, Talco ou Def Con Dos. Velaquí o noveno programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 8 Revenidas (II)


O oitavo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 19 e 20 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 7 Revenidas (I)


O sétimo programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilaxoán, concello de Vilagarcía de Arousa o 18 e 19 de agosto de 2017. Circo, sardiñas e concertazos de bandas coma Terbutalina, Dakidarría, La Pegatina ou SonDaRúa. Velaquí o sétimo programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 6 Festa Folc de Vilariño


O sexto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilariño, O Hío, na comarca do Morrazo, o 19 agosto de 2017. Donicelas, Susana Seivane, Che Sudaka e The Skarnivals pasaron pola area da praia na 18ª edición da Festa Folc. Velaquí o sexto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 5 Rockin' Vila


O quinto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Vilanova de Arousa, o 12 e 13 agosto de 2017. Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Rebeliom do Inframundo, Medomedá,...,Punk-rock e hip hop galegos pero tamén moitísima troula para unha nova edición do Rockin' Vila. Velaquí o quinto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

GZmúsica TV - Programa 4 Millo Verde


O cuarto programa desta quinta temporada de GZmúsica TV foi gravado en Cesantes, Redondela, o 8, 9 e 10 de xuño de 2017. Skándalo GZ, Sokram, Kumpania Algazarra ou Fanfarria Taquikardia pasaron polos escenarios do festival que alagou a vila choqueira e música e cultura durante 3 días. Aquí vos queda o cuarto programa de GZmúsica TV - Temporada 5.


Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 1 de 2

<< Inicio < Anterior 1 2 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto