Destaque

Mini e Mero. na presentación do libro de Tareixa Ledo Regal -Lidia Senra Rguez. 'A Historia dun liderado entrañable' UN PASO adiante e outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos se estrolla o soño mól coma unha uva. Pro tí envólveste en sabas de mil anos, i en sonos volves a escoitar la chuva. UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Traguerán os camiños algún día a xente, que levaron deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, Xesús María!, e toda cousa de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. Un paso adiante i outro atrás, Galiza! UN PASO adiante i outro atrás, Galiza, i a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. aran os bois e chove