Destaque

Merca xa as túas entradas en: rx.ruxeruxe.com A Reixa Tenda Miranda Cultura para levar BarTolo Falar de Ruxe-Ruxe non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama rock galego que soubo gañarse a pulso o respecto e o cariño do público. Pasou xa moito tempo dende aquel ano 1996 no que naceu esta formación que leva resistindo o paso do tempo e superándose día a dia. Con case vinte anos as súas costas, Ruxe-Ruxe preséntanos a súa décima achega discográfica: “Un Mundo Perfecto” (Lobicán Records 2015). 14 novos temas nos que reflicten a súa personalidade nunha viaxe a un universo sonoro de cor e soños onde as súas reivindicativas letras nos falan da amizade, do amor, da vida ou mesmo das loitas persoais, sempre en clave optimista e desenfadada. Gravado, producido e misturado por Iago Pico nos Estudios Pousada Son de Ames (A Coruña) durante o pasado Nadal “Un Mundo Perfecto” é probablemente o seu traballo máis maduro e no que acadan o seu cume de calidade artística, un disco que soa a grupo que sabe o que quere despois de dúas décadas de bagaxe musical. Formados por Xan (saxo e coros), Miguel Duarte (guitarra e coros), Carlos Freire (baixo), Xaco Barona (gaitas), Alex Sevilla (batería), e Vituco Neira (guitarra e voz), Ruxe-Ruxe é un grupo afastado das modas e que continúa a marcar o seu camiño, sempre dende a liberdade punkeira e o respecto pola cultura e idioma galego, o que fai deles unha das bandas máis senlleiras e de maior proxeción do rock galego. “Un Mundo Perfecto” está a ser distribuído en Galicia por Inquedanzas Sonoras e por Discmedi no resto da xeografía española, ademáis de estar dispoñible nas distintas plataformas dixitais. A presentación do disco será o vindeiro 18 de abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela acompañados do grupo Biribirlocke. PRENSA Epicentro Producións +34 689 047 133 epicentross@gmail.com CONTRATACIÓN ruxeruxe@ruxeruxe.com +34 676 268 496 MÁIS INFORMACIÓN www.ruxeruxe.com www.facebook.com/ruxeruxe