Destaque

Tema de adianto no novo disco de Keltoi!. Gravado no Outono - Inverno 2015 nos estudos Garageland de Marín (Galiza) Mikele: Guitarra e coros Manu: Batería Sime: Voz Dani: Baixo e coros David: Guitarra e coros SEGUIREMOS Na Coia dos noventa, mamando punk rock Con mais gañas que xeito, entre fume e suor Escoitando vellas cintas nun cheirento local Descargando adrenalina, aprendendo a soar Nos primeiros concertos so amigos e alcool Foron grandes momentos E alí estivemos cuspindo sentimentos, sendo nós mesmos, vogando contra o vento. Sempre!!, rachando cos silencios. Berros sinceiros, co son da rúa nos beizos. Pasaron os invernos, tamén os locais Buscándonos a vida pra poder tocar Ensaios e pelexas, viaxes e gravacións Compañeiros que nos deixan…sempre serán Keltoi! Tras mil noites de troula, de street rock and roll E mentres queden forzas!!!!! Alí estaremos cuspindo sentimentos, sendo nós mesmos, vogando contra o vento. Sempre!!, rachando cos silencios. Berros sinceiros, co son da rúa nos beizos (Letra e música Keltoi!)
Novidades na Videoteca!
Santiago
Ferrolterra
Concertos na comarca de Ferrol