O álbum, editado por Warner Music e producido por Mirmidón, está dispoñible desde o venres 26 de xuño de 2020 en todas as plataformas dixitais e nas tendas físicas do territorio estatal. O fundador do grupo, Bieito Romero, sinala que o disco “é unha débeda que tiñamos pendente coa música, co público e, moi especialmente, con quen percorreu o Camiño de Santiago acompañado polas creacións de Luar Na Lubre”. Asemade, Luar na Lubre lanzou un novo single cantado integramente en latín, 'Dum Pater Familias', unha revisión transgresora do canto máis antigo dos peregrinos que se recolle no Códice Calixtino.
Ler máis...Enxeito sacou á luz este 2 de xullo o seu novo traballo titulado Superfunk. Os de Bueu
estrean o seu primeiro disco como banda ao completo. Composto de oito temas
propios, o disco xa está dispoñible en todas as plataformas dixitais. O grupo mostra ás claras cales son as súas preferencias musicais nun traballo baseado no funk pero no que hai espazo para unha ampla diversidade de estilos e melodías. Podes escoitar o traballo neste artigo.
Máis artigos...
- Adeus e grazas, Nao
- Arrythmia escolle o Verkami para I, o seu terceiro disco
- XXV anos de Bravú
- Primeiras confirmacións do Castelo Rock 2020
- Xabier Díaz inicia xira pola Arxentina e o Uruguai e anuncia novo disco para marzo de 2020
- Novos vídeos, EP para o 2020 e confirmados no Resu. Disque volven os Machina
- Marcelo DoBode presenta Turoqua en Pontevedra... e nas redes
- Outono de regresos na música galega