22 Mai, 13
Text Size

Carrusel de Vídeos

NextPrevious

Novas

Transilvanians viñeron presentar ao Morrazo Kings of catacomb reggay Tour 2013, a xira de presentación do seu novo traballo. Aquí vos quedan crónica, vídeo e fotos do concerto dos de Vigo, que achegaron ao Salason a súa mestura de ska e reggae. Bótalle unha ollada á fantastica reportaxe de Lety GF!

Ler máis...

Hoxe, arredor das doce da noite, en streaming en GZmusica.com e na TDT en Vía TV, chega o décimo Episodio de GZmúsica TV. Desta volta, a nosa equipa televisiva desprazouse até Bemposta para asistir ao Reperkusión 2013. Teredes ocasión de ver algunha das intervencións de bandas galegas no Reper e de escoitar as impresións de Moncho dos Skarallaos, dos Guezos, Lydia Botana ou Xosé Manuel Pereiro. Tamén, de coñecerdes que cousa é o Biofestival. E se o ano pasado atrevémonos cunha entrevista bosníaco-galega, no 2013 falamos en bretón.

Ler máis...

Seguimos a subir crónicas do Reperkusión 2013 na nosa web. Malia o mal sabor de boca que levamos despois de certas controvertidas decisións da organización, -tickets de venres sen validez para sábado, caos e descontrol na entrada por mor dos cacheos, etc.-, e de que nos reiteren unha e outra vez que o que nós ollamos non pasou, continuamos a ofrecer a nosa visión dos artistas que pasaron polo festival ourensán. Iso si, sabemos que a organización do Reper saberá valorar as críticas e tentará mellorar as cousas o vindeiro ano, para seguir a ser unha cita senlleira do calendario festivaleiro do país. Aquí, crónica e fotos da actuación de Muguruza o venres feitas  por Paulinha e Xabicas.

Ler máis...

A Banda Fura Fura foron os encargados de abrir a segunda noite do Reperkusión no escenario de pago. Chegamos ao comezo do concerto por ben pouco, despois da absurda maneira de xestionar o acceso argallada pola organización. O público accedía ao recinto por contagotas, cunha dupla barreira de control que eternizaba a entrada entre tediosos, -habería que se preguntar se legais-, cacheos e rexistros de mochilas varias e fundas de cámaras, trípodes, etc. A razón: Podedes levar un rifle aí (sic). Vende medo e garante control e nesas estamos. Non remata aí o ronsel de incongruencias dunha organización que ten que avaliar con certeza moitas das decisións tomadas, como a controvertida prohibición de abandonar o recinto até as 2 da mañá, unha vez dentro. Nós sufrímola, querendo sacar o material despois do concerto dos Fura Fura, e tivemos que chegar a lles relembrar aos encargados de seguridade a total ilegalidade de nos reter no interior do recinto durante dúas horas. Aí si, claro, dixéronnos que podiamos saír.
Mais, vámoslle co concerto. A Banda Fura Fura callou un concerto potente. De calidade, con intres que nos puxeron a pel de pito aos 500, -sendo xenerosos-, que non agardabamos polo fillo de Ramón Chao, e só embafado pola esperpéntica interpretación final do Grándola. Se queres rematar unha actuación cun tema á capella tes que saber a letra. Non hai outra. Apenas o Leo turraba dunha interpretación que abraiaba os portugueses, moitos, que aló había. Chegados para ollaren o Chao, non nos confudamos. A troika lixa-se mais ao ritmo do Radical Chic, curiosamente revoltado contra o seu creador, mais esa é outra historia.
Aínda así, a raiba que esvara polos parágrafos anteriores, -escritos mentres o fillo de Ramón Chao ensarilla unha e outra vez os seus éxitos comerciais na noite de Bemposta-, non debe confundir a lectora. O Coma o vento, interpretado por un furioso X.M. Pereiro gorecido polos Fura Fura e secundado na voz por Antón Díaz, fica marcado a lume na gabeta das sensacións que levaremos para os restos. Houbo máis bos momentos, malia a manifesta incapacidade de conexión entre a banda e tres  cuartos do auditorio que malamente sabían quen é o Zeca. Rematamos de namorar de Lydia Botana, pola enerxía que posúe, e do Leo, pola carraxe que cuspe. Amil, Brais e Díaz, -sinxelamente impresionantes-, os Homes sen Medo, todos os que nalgún momento puxeron a voz mostraron máis unha vez o que no país se fai. Malia só moveren a masa, -que ao final pasaba das 5.000 persoas e con Manu Chao acho que andaba xa perto das 8.000-, cando a consigna fácil ou o ritmo skatalítico activaba as conexións neuronais. Todos os colocados están descolocados, falou Cao e falou ben.
É a unha da mañá e Manu Chao canta si yo fuera Maradona, viviría como él, mentres escribo estas liñas. Polo menos é sincero. A vida é unha tómbola e algúns levamos só rifas ruíns, -ruías, dicía el volo-, e ficamos a pensar se só nos resta esmorecer como Agujerea Agujerea, de complemento exótico do Radical Chic, ou chegaremos a ser algún día a Fura que Fura nos alicerces desta podremia.

Texto: Daniel Lavesedo

Imaxe: Tomada do Facebook do Reperkusión

Iremos actualizando a info sobre o Reper e subindo máis crónicas e fotos. Estade atent@s!


Skarallaos foron os encargados de abrir a noite no escenario de pago do Reperkusión 2013, diante de máis de 3.000 persoas. Muguruza e Artistas del Gremio tamén pasaron polo palco do Reper nesta primeira xornada. Velaquí as fotos de Xabicas destas 3 bandas.


A temporada de festivais galegos comezou xa en febreiro co Taíña de Goián e tivo a súa segunda etapa o pasado 4 de maio en Salceda de Caselas. No sur do país estalaron os foguetes festivaleiros no tempo da invernía e logo han alagar o país, hoxe, mañá e pasado no Reperkusión e axiña na Rebusca. Antes de saírmos para o Reper deixámosvos crónica e fotos da VI Festa Treze-Catorze de Salceda. Ademais, esta noite, @s que quededes na casa poderedes ver o Episodio 9 de GZmúsica TV, con entrevistas e actuacións dos grupos que pasaron por Salceda.

Ler máis...

Informabámosvos a comezos deste ano do proxecto de micromecenado que Esquíos botara a andar para lle dar xeito ao seu novo traballo, Porcocan. Conseguírono e agora xa están dispoñíbeis na rede para escoitar os 12 temas que compoñen o disco e o videoclip de O baile do parado. Escoita no interior deste artigo o traballo íntegro, unha boa posta de rock'n'roll sen imposturas de ningunha caste.

Ler máis...

O pasado primeiro de maio a Fábrica de Chocolate de Vigo ofreceu na súa programación unha dose de punk e ska a cargo dos galegos Bastards on Parade e os venecianos Talco, banda que volverá a pasar pola nosa terra no verán, cando menos no SonRías Baixas de Bueu. Aquí vos deixamos a crónica e un par de vídeos feitos para GZmúsica por Paulinha.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 1 de 22

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Novidades no Cartafol

Os Estalotes
Os Estalotes
Categoría: Tradicional
Os Resentidos
Os Resentidos
Categoría: Rock
Güintervan
Güintervan
Categoría: Folk
O Jarbanzo Negro
O Jarbanzo Negro
Categoría: Punk
Iriadona
Iriadona
Categoría: Folk
Leixaprén
Leixaprén
Categoría: Folk
Brath
Brath
Categoría: Folk
Linho do cuco
Linho do cuco
Categoría: Tradicional
José Cardelle Portos
José Cardelle Portos
Categoría: Tradicional
Anamoura
Anamoura
Categoría: Tradicional
O Sonoro Maxín
O Sonoro Maxín
Categoría: Rock
Cristina Pato
Cristina Pato
Categoría: Folk

Ler máis...

Sobre Nós

GZ MUSICA
Somos unha nova web dedicada á música galega e pretendemos achegarvos información sobre todo o que acontece arredor das músicas do país. Atrás da páxina estamos vari@s apaixonad@s da nosa música, pero queremos ser cen mil!!! Se queres, ti tamén podes ser GZmúsica.

Se tes algún problema podes contactar connosco.

Publicidade

Cartel

Vindeiros Concertos:

Xov Maio 23
Sés
Casa do Saber - Lugo
Ven Maio 24
Familia Caamagno
A Reserva - Carballo
Ven Maio 24
Ulträqäns
Clavicémbalo - Lugo
Sab Maio 25
A Escola Livre da MPG no Salón Teatro
Salón Teatro - Compostela
Sab Maio 25
Arrhythmia + Martelo
Sala Castelao - Lugo
Sab Maio 25
Dios Ke Te Crew
Sala Capitol - Compostela
Sab Maio 25
Kogito + Kallaikoi
O Torreiro da Festa - Vigo
Ven Maio 31
Esquíos
Pontemuíños - Pontevedra
Ven Maio 31
Machina + Tolemia
Sala Mardi Gras - A Coruña
Sab Xuñ 01
Gatillazo + Satxa na Leira
Rouge Club - Vigo

Sobre Nós

 GZ MUSICAGZmusica.com é unha rede social formada por seguidores da música galega en todos os seus formatos.

Estes días estamos en fase de probas e introducindo novas melloras. Se tes algún problema podes contactar connosco.

Máis Info

Publicidade

Cartel

By DADL payday loans

Publicidade

Cartel
Cartel