Pre Candeloria 2018 no Clavicémbalo

Ruxe, Rebeliom e Arrhythmia estiveron o venres pasado dando tralla no Clavicémbalo de Lugo. A organización do Festival da Candeloria, que comeza este xoves, argallou unha festa "Pre Candeloria" para ir quentando o ambiente en Lugo nas vésperas dun festi que este ano pasa de 2 a 3 días por vez primeira. GZmúsica andará máis un ano pola Candeloria pero xa fomos enviando unha cabesa de pont...

Ler máis

Aberto o prazo do Cantalingua 2018

O concurso musical do Correlingua bota a andar máis unha vez. Poden participar grupos ou solistas, que deberán mandar unha canción en formato MP3 antes do 1 de abril deste ano. O premio ha consistir en actuar dentro da programación do Correlingua 2018, na primeira quincena do mes de maio, actuacións que terán cadansúa achega económica de 600€ brutos para a banda. Toda a info e polo miúdo no artigo...

Ler máis

Tiruleque lanza 'Outro que tal baila' e inicia xira de presentación o 17 en Compostela

A banda coruñesa publica o seu terceiro álbum de estudio cun total de dez cancións, entre composicións propias e versións do cancioneiro popular. As entradas para o concerto en Compostela, 17 de febreiro na Sala Capitol, pódense adquirir xa na web da sala. Ademais, a xira continúa 23 de febreiro na Fundación de Melide e o 9 de marzo no coruñés Club Garufa.

Ler máis

Xinzo e Compostela festexan os 10 anos do Sonoro Maxín

Venres 9 de febreiro e martes 13 do mesmo mes, Xinzo e Compostela acollerán, respectivamente, os concertos cos que a banda ourensá celebra os 10 anos sobre os escenarios. Foi o 30 de decembro de 2007 cando subiron por vez primeira, como Sonoro Maxín, a un escenario na súa cidade natal despois duns meses de ensaios e queren festexalo con todas e todos nós neste entroido.

Ler máis

The Lákazans presentan hoxe Sandwina na Capitol

The Lákazans presentaron onte o seu primeiro videoclip, "My darling", e hoxe xoves 8 de febreiro abren o Sandwina Tour, que fará paraxe en Compostela, hoxe na Capitol, e mais en Vigo, mañá na Fábrica de Chocolate, para despois levalos a Ferrol o vindeiro 16 de febreiro, Sala Super 8, Vila do Conde (Portugal), o 25 dese mes e, polo de agora, á Pousada das Ánimas do seu Boiro natal o 24 de...

Ler máis

Chega a 2ª ediçom do Eclosom

A Gentalha do Pichel organiza de volta o seu certame de músicas emergentes. Até o vindouro 28 de Fevereiro há tempo para as bandas enviarem dous áudios e se anotarem no certame. Igual que o ano passado, as formaçons devem contar com a presença de mulheres e empregarem o galego nas cançons e nas suas comunicaçons. O prémio este ano consistirá em 300€, a atuaçom nos concertos da Festa do Dezassete e...

Ler máis
012345

The Homens volven para un único concerto na Capitol

O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers. As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda. Ademais, aínda estás a tempo de participar na escolla do repertorio que a banda vai tocar no concerto. Dálle ao link que hai no interior do artigo e fai a túa contribución. Ti pica e eles tocan!!

Ler máis...

Davide Salvado levou os seus Lobos a Cans

O Davide Salvado tamén andou a pasada fin de semana polo Festival de Cans. Tocou no Jaliñeiro e alí soaron xa algúns dos temas do seu novo traballo, Lobos, que se publicará o vindeiro 16 de xuño pero do que xa hai tamén algún adianto na rede. Aquí vos deixamos a entrevistas que lle fixemos ao pé de Jaliñeiro e un extracto do seu concerto en Cans.

Ler máis...

Poetarras en Cans

Cans viviu a décimo segunda edición do seu Festival de cine. E como vén sendo costume, a música tamén non falta na meca do agroglamour. Moita e moi variada. Reivindicativa, ghamberra e alegre, como ten que ser. Ben sabedes que isto é un webzine musical e non adoitamos meternos na política, mais desta volta non podemos deixar de dicir que gustamos do sopro de ar novo que percorreu Galiza e o Estado este domingo. Así, parvadas como querer sacar tallada da presenza en Cans de Def Con Dos -tras a vergoñenta detención por unhas horas do C. Strawberry por apoloxía do terrorismo- e xuntala coa dos Poetarras para axitar pantasmas e inventar andrómenas quedan reducidas ao que son, parvadas. Soños escuros daquelxs que non entenden a liberdade, a diversidade ou a ironía. Pesadelos que non imos deixar que fagan realidade.

Chotokoeu, os galegos do leste e Joe Strummer

Chotokoeu comezan esta noite xira por toda Europa. Fano na casa, no Garufa ás 10 da noite. Andarán despois por Holanda, Bélxica, Inglaterra, Alemaña,... e volverán o 11 de xullo, ao Festival da Chaira. Mais esta non é a primeira xira no 2015 dos Chotokoeu. A banda máis viaxeira do panorama galego xa estivo polo sur da península Ibérica hai unhas semanas. Até Granada -nada menos!- fomos velos. Eis a crónica do Brais Arroutado do concerto que os de Uxes se marcaron na capital andaluza.

Ler máis...

Para que os pequechos poidan escoller unha gramola chea de gominolas!

Había tempo que non actualizabamos a nosa sección de música infantil. E sinceramente, non é por falta de novas pois o mundo da música para a rapazada cada vez está máis vivo. Proba disto é a nova banda A Gramola Gominola, que propón un percorrido por distintos xéneros músicais para lles ir mostrando aos e ás máis pequenas a marabillosa diversidade musical que existe. Se tes crianzas e non queres que che toleen a cabesiña cos CantaJuegos tes que seguir lendo!!!

Ler máis...

Carapaus presenta o vindeiro 16 de maio o seu novo álbum Déixao andar...

Déixao Andar é o segundo traballo discográfico deste grupo de música tradicional compostelán, e sairá á venda o día da súa presentación, o 16 de maio, na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Entrada de balde para ollar unha das bandas tradicionais que máis sorprendeu nos últimos tempos. E seguirá a facelo, pois promete máis sorpresas xa o día da presentación deste novo disco, gravado no estudio A Ponte de Tomás Ageitos.

Ler máis...

Chotokoeu prepárase para "Saír a voar"

Moitas novidades para Chotokoeu. Veñen de rematar a gravación en Pau (Francia) do seu segundo disco, "Saír a voar", e de facer unha intensa xira por España, da que vos falaremos dentro de pouco. Ademais, teñen concerto solidario en Uxes este sábado e anuncian presentación do novo disco o 21 de maio na Sala Garufa,

Ler máis...

Salceda bailou coa Treze Catorze

Chegou maio, chegaron os festivais de verán. Agás eses pequenos oasis -Taíña, Candeloria- que nos matan o ·"mono" na invernía, desde A Rebusca até a Treze Catorze, apenas hai festivais no país. Así que non podiamos faltar nesa primeira cita festivaleira, en Salceda de Caselas, que por tradición marca o comezo da temporada de festivais de verán. Até alí fomos para facer unha reportaxe con crónica, vídeo e fotos. Aquí a tedes!

Ler máis...

2 de Maio en Santiago. Da Feira da Primavera a Rozalén

Aí vén o maio, de música e troula cuberto. En Salceda, co comezo dos festivais de verán ou en Compostela, coa Feira de Primavera no barrio de San Pedro. Algo ten este bairro, que tanto lle cantan as bandas galegas. Algo terá, que ten poder e lle dá medo aos do concello. Tanto medo, que non lle deron á Asociación de Veciños -organizadora- literalmente, coma ao inimigo, nin auga. Nin luz. Nin nada. Por aló andou Lety GF e despois aínda se achegou ao concerto de Rozalén, no Principal. Eis a crónica de como lle foi nese dous de maio compostelán.

Ler máis...

Betagarri en Vigo. Vídeo resumo do concerto

O 27 de marzo, Vendetta e Betagarri estiveron na Sala Máster de Vigo ofrecendo unha noite de rock e ska contundente. Aquí tedes un pequeno resumo en vídeo da actuación dos segundos, Betagarri. Os gasteiztarras mostraron boa forma malia os 20 anos de andaina e fixeron un percorrido pola súa extensa discografía diante dunha sala ateigada. 


 

Tripitindo cos Ruxe na Capitol

Hai 15 días, Ruxe Ruxe presentou o seu décimo disco na Capitol. O Brais Arroutado xa nos debullou Un mundo perfecto na súa estrea como colaborador deste webzine. Mais, alén de escoitar -e moito- a novidade dos Ruxe tamén lle fomos até a sala compostelá para ver como se desenvolvían alí de novo, na terceira presentación consecutiva dun disco en apenas 3 anos. E outra volta, coma en 2014, acompañados dos Biribirlocke. Crónica, fotos e un pequeno vídeo resumo do que alí houbo.

Ler máis...

A Festa TrezeCatorze, outro ano no mundo!

A Asociación C.D.E.Treze Catorze presenta a 8ª edición da súa gran festa, que se celebrará os vindeiros 1 e 2 de maio. The Marveltons, Ulträqäns e Terrakota tocarán nos concertos do sábado, mais xa desde o día anterior hanse suceder as actividades en Salceda de Caselas, con Cantos de Taberna o venres ou Vermutalina -Terbutalina en sesión vermú- o propio sábado ao mediodía.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 10 de 33

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto