AC Lucerna retoma o magosto en Cerceda

A pasada fin de semana non todo foi Castañazo Rock. Aínda que a cita de Chatanda congregou a maioría da tribo musiqueira galega, houbo moitas outras alternativas. E malia que tamén a maioría da equipa GZmúsica andou por Chantada, houbo quen estivo en Cerceda, no magosto da AC Lucerna, como Lety GF, ...

Ler máis

Lanzamento da primeira maqueta dos Abrentes de Cerdedo

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas ...

Ler máis

40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017)

O pasado xoves 2 de novembro na Fundación Luis Seoane da Coruña tivo lugar a presentación da reedición de Fonte do Araño, o histórico disco de Emilio Cao do que agora PolyRock reedita 300 copias en vinilo co gallo do 40 aniversario da súa publicación en 1977.

Ler máis

II Xornadas da música Boiro Territorio Musical

A República Creativa de Boiro conectará o seu potencial local con outros axentes profesionais do pais o vindeiro sábado 18 de novembro. Mesas redondas, masterclass e música, como non podía ser doutro xeito, nestas segundas xornadas Boiro Territorio Musical que xuntarán na vila do Barbanza músicos lo...

Ler máis

Concerto expansivo por un monte vivo

Despois da vaga de lumes que volveu arrasar o país máis unha vez, sucédense as iniciativas a prol da recuperación do monte. Tamén no mundo da música, que xa celebrou algún concerto solidario con músicos directamente afectados pola traxedia, e que hoxe sábado organiza un concerto expansivo en varias ...

Ler máis

Domingos de Sumrrá nas Crechas

Este domingo 22 de outubro a Casa das Crechas acolle un concerto de Sumrrá, que continúa a temporada de concertos os domingos neste local que comezou o pasado día 15. Recuncarán o 29, sempre ás 20:30h. Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manue...

Ler máis
012345

Loretta Martin apresenta "Despois da Mandinga"

Loretta Martin regresan cun novo traballo Despois da Mandinga gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña. Velaquí o primeiro video-clip, Saio só, dun traballo que camiña do funk ao pop ou ao samba.

Ruxe Ruxe arrasan a Capitol

Unha horas antes de que os Medomedá saísen quentar o ambiente, a nova xa corría pola rede: entradas esgotadas para a presentación de Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. E é que mentres as administracións seguen sen lles facer oco aos grupos do país nas programacións oficiais das festas, a xente resposta de maneira contundente: Heredeiros, aforo esgotado na LP-45 de Ordes, -3500 persoas-. Ruxe Ruxe, todo vendido na Capitol, -750 persoas e moitos na porta sen entrada-. Algo ferve na música galega, que non vos enganen os agoreiros!


Ler máis...

Presentación de Terra de Fraternidade

Presentación da homenaxe ao Zeca que se fará en Compostela o 10 de maio.

Kastomä estiveron bourando por Aldán

O pasado venres 30 de marzo, a banda de Ordes Kastomä estivo no 2 de Mayo rockbar de Aldán, apresentando o seu novo traballo Impórtame merda. A verdade é que non eramos moitos, pero pagou a pena poder ollar un dos referentes do rock que se fai nesa vila coruñesa que sorprende pola cantidade e calidade do traballo alí feito.

Ler máis...

Voltan os máis jrandes!!

Volvían os máis jrandes e os movementos previos auguraban noite épica: boa promoción na rede, 3 500 entradas esgotadas en 2 días, e centos de seareiros quentando o ambiente ás portas da discoteca LP45 de Ordes 5 horas antes do retorno dos Heredeiros da Crus. Na porta escoitábase falar o galego de Verín ou o das Mariñas, mais sobre todo o dos visiños dos protagonistas da noite. A mocidade da Barbanza foi fiel a unha banda recoñecida en todo o país e reverenciada na súa bisbarra de orixe. Mulleres ribeirenses que lembraban a estrea nas festas da Dorna en 1992.

Mozos sonenses que non puideran ir ao concerto na súa parroquia hai 10 anos porque a avoa non lles deixara tras escoitar as atrocidades que daqueles ghedelludos contaba o cura. E ademais centos de rapaces de Ribeira, da Pobra, de Aguiño ou de Boiro que apenas naceran cando saíu A Cuadrilla de Pepa A Loba, (Xurelo Roxo, 1994).

Ler máis...

II Disturbio Rock

En Pontedeume, o 4 de maio chega a segunda edición do Disturbio Rock.

Desta volta subirán ao escenario da sala Coliseo os Keltoi, punk-oi vigués, os Tiro na Testa, heavies e punks de Don Ramiro, Lalín e Samesugas, máis punk desde Compostela.

A entrada custará 7 ouros.













Vellas Novas dos Quempallou

Tardaron, pero desde logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas”  toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.

“Vellas Novas” e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Ler máis...

Páxina 33 de 33

<< Inicio < Anterior 31 32 33 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto