Viaxamos a 1952

Tanxedoras presenta o seu 3° disco, 1952, no que homenaxean a Alan Lomax. Do legado deste etnomusicólogo, que percorreu infinidade de pobos do mundo recollendo as súas musicas tradicionais e que en novembro de 1952 (de aí o título do disco) estivo no noso país “rescatando” un patrimonio musical importantísimo, do que o trío Tanxedoras extraeu 18 xoias da música tradicional galega. Marabilladas por...

Ler máis

Unha noite no muíño non é nada, 15 anos si son muiñada.

E a roda do muíño segue a moer. Xs convidadxs pasaron pola carpa nas Lagoas en Bueu, para festexar o 15 aniversario da banda do "Bal Miñor", si con B escribían esta rapazada nos anos máis mozos como rebeldía. Rebeldía que non se detén se non que segue a crecer, inspira e xunta a milleiros de persoas ala por onde van. DKR é das bandas galegas que é capaz de pechar calquera festival, pois ...

Ler máis

Nuns días Ezetaerre virán cargados de "Pólvora e tormenta"

“Máis de mil tormentas despois, coa pólvora aínda no ar, seguimos tragando po. O mesmo po que erguemos cando organizamos a tempestade, brotando de cada un dos nosos corpos que bateu contra o chan, esvaecéndose entre os dedos dos puños que golpean o ceo.” Esta é a presentación que a banda galega Ezetaerre fai do seu novo disco. “Pólvora e tormenta (Letras para Woody Mellor)” (New Beats, 2018) que s...

Ler máis

Outro ano máis que fomos gozar do Castañazo Rock a Chantada

Outro ano máis que fomos gozar do Castañazo Rock a Chantada, a quitar o frío bailando no mercado gandeiro. De principio botamos en falta máis presenza de grupos galegos no cartaz deste ano, só tres grupos, ou catro contando as actividades de rúa, e dous deles pechando as xornadas do venres e do sábado.

Ler máis

A banda Nao anuncia a saída do seu derradeiro disco ATA QUE O LUME SE APAGUE

O grupo de música galega NAO anuncia a saída do seu derradeiro disco o vindeiro 20 de novembro. Arrinca así mesmo a derradeira xira da banda, cun primeiro concerto de presentación o 5 de decembro do 2018 na compostelana Sala Capitol poñendo así o punto e final, como xa anunciaran no seu momento, a unha traxectoria que deu comezo no ano 2005.

Ler máis

Dakidarría cumpren 15 anos e preparan festa de aniversario

O vindeiro sábado 10 de novembro Bueu acollerá o concerto celebración do XV aniversario de Dakidarría. A banda miñorana propón unha velada na que non han faltar as grandes figuras do rock galego e estatal. O xardín das Lagoas de Bueu unha festa de aniversario por todo o alto.

Ler máis
012345

O Sonoro Maxín ao vivo no Auriense

Todas as entradas vendidas para o primeiro dos concertos que O Sonoro Maxín vai dar estes días en Ourense. Gzmúsica estivo aló e gravou este video.

Coidado que aínda queima!


Ler máis...

V Festa Treze-Catorze

 Desde Salceda de Caselas, a Asociación Treze-Catorze achega unha proposta contra a crise... Festa de balde!

A Asociación Cultural presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebran o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre.

Velaquí o cartaz:

Vendetta

Terbutalina

Marxe Eskerda

Ler máis...

"Querémoslle levar a nosa música á xente non afeita a ir aos concertos"

O Café Cultural Auriense de Ourense é o lugar escollido polo Sonoro Maxín para apresentar a súa estrea discográfica. A Onda Sonora (chega do interior) é o debut dun feixe de músicxs que levan anos facendo bailar nos torreiros de todas as festas do país. A cita é a vindeira fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril. GZmúsica.com vai estar aló pero para nos enterar ben do que está a argallar O Sonoro Maxín, fixémoslle unha entrevista hoxe mesmo.


Ler máis...

Chega a Aña Urbana 2012

Descubrimos hai ben pouco na páxina dun amigo unha moi interesante formación da que non tiñamos noticia, A máquina de meter medo. Desenguedellando o nobelo, descubrimos que é unha formación nada no seo do sempre bulideiro Projecto [Trepja], hai un tempo convertido en Asociación Cultural.

Pois resulta que a xente da Trepia, argalla precisamente para esta fin de semana vindeira, concretamente para o sábado 14, a terceira edición da Aña Urbana, en Pontevedra.

Ler máis...

Os Ulträqänzinhos á conquista de Euskal Herria

Será en Altsasu, en Nafarroa, o vindeiro día 28 de abril. A veciñanza desta vila navarra terá a honra de presenciar a estrea deste novo combo. Un alien punkarra nacido no seo dos Ulträqäns. Os Ultraqänzinhos, grupo de BBB, bodas, banquetes e barricadas.


Ler máis...

Os Kambotes volven a Rodeiro

Despois de sete anos sen tocar na casa, os Kambotes estarán no pub Quirós da vila do Deza. Apresentarán o seu novo traballo, o cuarto, La hostia inversa, gravado nos estudios Océano de Abreu en Nigrán. Será o vindeiro venres 13 de abril. E repiten o día seguinte no Irixo, no concerto contra a incineradora no Irixo, ao carón de Zënzar, A Quenlla e moitos máis.

Loretta Martin apresenta "Despois da Mandinga"

Loretta Martin regresan cun novo traballo Despois da Mandinga gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña. Velaquí o primeiro video-clip, Saio só, dun traballo que camiña do funk ao pop ou ao samba.

Ruxe Ruxe arrasan a Capitol

Unha horas antes de que os Medomedá saísen quentar o ambiente, a nova xa corría pola rede: entradas esgotadas para a presentación de Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. E é que mentres as administracións seguen sen lles facer oco aos grupos do país nas programacións oficiais das festas, a xente resposta de maneira contundente: Heredeiros, aforo esgotado na LP-45 de Ordes, -3500 persoas-. Ruxe Ruxe, todo vendido na Capitol, -750 persoas e moitos na porta sen entrada-. Algo ferve na música galega, que non vos enganen os agoreiros!


Ler máis...

Presentación de Terra de Fraternidade

Presentación da homenaxe ao Zeca que se fará en Compostela o 10 de maio.

Kastomä estiveron bourando por Aldán

O pasado venres 30 de marzo, a banda de Ordes Kastomä estivo no 2 de Mayo rockbar de Aldán, apresentando o seu novo traballo Impórtame merda. A verdade é que non eramos moitos, pero pagou a pena poder ollar un dos referentes do rock que se fai nesa vila coruñesa que sorprende pola cantidade e calidade do traballo alí feito.

Ler máis...

Voltan os máis jrandes!!

Volvían os máis jrandes e os movementos previos auguraban noite épica: boa promoción na rede, 3 500 entradas esgotadas en 2 días, e centos de seareiros quentando o ambiente ás portas da discoteca LP45 de Ordes 5 horas antes do retorno dos Heredeiros da Crus. Na porta escoitábase falar o galego de Verín ou o das Mariñas, mais sobre todo o dos visiños dos protagonistas da noite. A mocidade da Barbanza foi fiel a unha banda recoñecida en todo o país e reverenciada na súa bisbarra de orixe. Mulleres ribeirenses que lembraban a estrea nas festas da Dorna en 1992.

Mozos sonenses que non puideran ir ao concerto na súa parroquia hai 10 anos porque a avoa non lles deixara tras escoitar as atrocidades que daqueles ghedelludos contaba o cura. E ademais centos de rapaces de Ribeira, da Pobra, de Aguiño ou de Boiro que apenas naceran cando saíu A Cuadrilla de Pepa A Loba, (Xurelo Roxo, 1994).

Ler máis...

II Disturbio Rock

En Pontedeume, o 4 de maio chega a segunda edición do Disturbio Rock.

Desta volta subirán ao escenario da sala Coliseo os Keltoi, punk-oi vigués, os Tiro na Testa, heavies e punks de Don Ramiro, Lalín e Samesugas, máis punk desde Compostela.

A entrada custará 7 ouros.













Máis artigos...

Páxina 34 de 34

<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto