A Carballeira de Zas presenta o cartaz da súa 36ª edición

Susana Seivane, Tanxugueiras ou Dakidarría, principais propostas deste ano no veterán festival das Terras de Soneira. Korrontzi ou Celtic Social Club porán a nota internacional nunha festa que segue a apostar por unha oferta para todas as idades, a prezo case irrisorio, centrada na música de noso.

Ler máis

Os Resentidos no Gaiás para festexar o Día da Música

A Cidade da Cultura de Galicia festexará o Día Internacional da Música, que se celebra o 21 de xuño, cun concerto da banda galega Os Resentidos, na Praza Central do Gaiás, nunha actuación de entrada libre e de balde. A icónica banda repasará os seus 30 ano de carreira e tamén tocará algún dos temas de nova composición.

Ler máis

Cinema, música e cultura un ano máis en Cans

Entre os pasados 22 e 25 de maio a aldea de Cans, no Porriño, volveu celebrar o seu festival de cinema. 16 edicións xa para unha proposta orixinal, que busca desde o comezo fusionar o rural coa cultura cinematográfica. Máis un ano houbo chimpíns, cans nos balcóns, veciños satisfeitos ao veren actores do panorama galego e estatal na aldea e moitísimo público. E tamén un ano máis GZmúsica estivo aló...

Ler máis

Estivemos na 37ª edición do Festiletras

A aldea do Couto, en Ponteceso, acolleu entre os pasados 12 e 19 de maio a trixésimo sétima edición do Festiletras. Baixo a filosofía -intelixente e imprescindíbel- de que a cultura non é patrimonio exclusivo do mundo urbano e coa defensa da nosa lingua como bandeira, esta aldea de Bergantiños leva anos organizando un dos festivais senlleiros do panorama galego. E este ano, máis unha vez, GZmúsica...

Ler máis

Música e costela a varrer en Couso: Churrasconcerto 2019

Sábado 11 de maio, Couso acolleu a terceira edición do Churrasconcerto. Polo escenario montado no eido do local social desta parroquia estradense pasaron Pauliña, os John Deeres, Bastardos de Rivera e mais Impulsos Criminais. Noite de concertos e churrasco que acabou con selección musical de Lor Xanadú Picadiscos. Ambiente estupendo nunha noite á beira do Ulla da que vos traemos uns vídeos.

Ler máis

Coñece os proxectos premiados nos Martín Códax 2019

A sexta cerimonia de entrega dos Premios Martín Códax da Música demostrou con máis forza ca nunca que é a gran cita anual da música galega; o momento agardado para celebrar a cantidade, calidade e diversidade da nosa produción musical, pero tamén para lembrar as reivindicacións do sector. Nao no seu ano de despedida, Xoán Curiel, Tanxugueiras e o Festival de Pardiñas ou o Diario Cultural da Radio...

Ler máis
012345

Zënzar presentou "Vaise armar" no Mesón do Bento

Íase armar. Xa o avisaran. E armouse de vez. GZmúsica estivo na apresentación do novo traballo de Zënzar, sábado 5 de maio no Mesón do Bento. 3 horas da furia precisa, do encontro coas amizades, do orgullo de levar moitos anos a cuspir letras desde Cerceda. Da satisfacción íntima de se saber queridos pola rapazada toda da comarca de Ordes e fondamente respectados pola parroquia roqueira do país.

Ler máis...

Manifesto Mareante

Non tes nada que facer este venres? Pois vai á Coruña de rachí. Ofrenda a Curros, homenaxe ao historiador Santiago Daviña e concerto na Cova Céltica, Orzán 82, cos Vicentes de Elviña, -gaiteiros residentes-, e os Tres Trebóns. E todo para lles lembrar aos repunantes que na Coruña tamén lle falan o galego. Facíano no tempo en que o Gremio de Mareantes lle danzaba ao seu patrón. E cando Curros atopou conforto alí. E fano agora.


Ler máis...

Alberto Vilas Quinteto comezou xira para presentar o seu novo disco

O selo galego Azos Jazz, baixo a dirección artística de Abe Rábade, presenta estes días os seus dous últimos traballos, 'Experianza' de Alberto Vilas Quinteto e 'Bill Goodwin Quartet Live in Santiago'. No caso do quinteto do pianista redondelán, a presentación vén acompañada dunha pequena xira con actuacións na Sala Clavicémbalo en Lugo o 27 abril, na Sala Liceum no Porriño, en Vigo, o 30 de abril, na sala Jazz Filloa da Coruña o 2 de maio e no Náutico do Grove o 5 de maio.

Ler máis...

Mortos en Vida, ao vivo

Os Mortos en Vida son unha banda da aldea de Liméns, parroquia do Hío, no Morrazo. Se che gusta o punk e o hardcore, hache gustar o son desta formación, que descarga sen piedade trallazos contundentes. A voz e mais a potente base rítmica levan a música dos MeV cara ao hardcore, indubidablemente. Tamén o fai a guitarra cando colle protagonismo, porén actitude, versións interpretadas, etc deixan o pouso punk que lle acaba de dar o selo de identidade á formación.


Ler máis...

Recompilatorio do Hip Hop Ateneu

Vén de se publicar o disco recompilatorio  do Hip Hop Ateneu, unha crew compostelá con xa máis de dez anos de historia. Despois dunha época de pouca actividade, o colectivo santiagués volve con folgos. E faino porque sente a necesidade de facer unha reflexión crítica sobre o seu labor o que os leva a nos ofrecer unha interesante mostra do traballo musical que se xera arredor do colectivo. Hip Hop anticomercial, -segundo eles mesmos din- que será moi do agrado dos amantes do xénero. Bases homoxéneas que ceden o protagonismo a unhas letras afiadas que percorren sen desmaio o universo do propio colectivo. Unha boa mostra de que a autoxestión pode dar froitos máis que apetecibles que rachen coa uniformidade ditada pola industria.


Ler máis...

"Quen se achegue á música de Machina sen complexos poderá desfrutar dela"

A pasada fin de semana os Machina apresentaron o seu novo traballo, Ensaio sobre o silencio, no Salón Parroquial de Meirama. GZmúsica non puido estar aló, pero cóntannos os que si foron que houbo máis de dúas horas de rock sen concesións. Arroupados polos amigos de Kastomä, O Leo e Supahcan Selectah, a banda de Cerceda ofreceu un directo bestial que os coloca entre as bandas de referencia do rock-metal do país. Aquí tedes unha pequena entrevista que lles fixemos hai pouquiños días, por mor deste novo lanzamento discográfico.


Ler máis...

As Ataque Escampe celebran o décimo aniversario

As Ataque Escampe celebran os seus dez violentos anos (sic) e van quentando a cousa cun video á altura das circunstancias.

Será este venres 20 de abril na sala Moon de Compostela. Ao longo da semana ampliaremos información!

Quempallou no Aturuxo, presentando "Vellas novas"

Xa vos falamos o outro día do novo traballo dos Quempallou. Esta fin de semana de abril tocaba comezar coa apresentación do novo traballo e o Aturuxo de Bueu foi o lugar escolleito para continuar cunha xira que encetaran o día anterior no Liceum do Porriño. Non se encheu a sala como outras veces para ollar este grupo, -o día non habitual para o Atu e a "competencia" con outros 4 concertos á mesma hora entre Cangas e Bueu non axudaron moito-, mais o ambiente era festeiro. Presentaron tamén o Xornal Quempallou onde GZmúsica puxo o seu graíño de area. 

No interior deste artigo poderás ver algunha foto do concerto.

Ler máis...

O Sonoro Maxín ao vivo no Auriense

Todas as entradas vendidas para o primeiro dos concertos que O Sonoro Maxín vai dar estes días en Ourense. Gzmúsica estivo aló e gravou este video.

Coidado que aínda queima!


Ler máis...

V Festa Treze-Catorze

 Desde Salceda de Caselas, a Asociación Treze-Catorze achega unha proposta contra a crise... Festa de balde!

A Asociación Cultural presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebran o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre.

Velaquí o cartaz:

Vendetta

Terbutalina

Marxe Eskerda

Ler máis...

"Querémoslle levar a nosa música á xente non afeita a ir aos concertos"

O Café Cultural Auriense de Ourense é o lugar escollido polo Sonoro Maxín para apresentar a súa estrea discográfica. A Onda Sonora (chega do interior) é o debut dun feixe de músicxs que levan anos facendo bailar nos torreiros de todas as festas do país. A cita é a vindeira fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril. GZmúsica.com vai estar aló pero para nos enterar ben do que está a argallar O Sonoro Maxín, fixémoslle unha entrevista hoxe mesmo.


Ler máis...

Chega a Aña Urbana 2012

Descubrimos hai ben pouco na páxina dun amigo unha moi interesante formación da que non tiñamos noticia, A máquina de meter medo. Desenguedellando o nobelo, descubrimos que é unha formación nada no seo do sempre bulideiro Projecto [Trepja], hai un tempo convertido en Asociación Cultural.

Pois resulta que a xente da Trepia, argalla precisamente para esta fin de semana vindeira, concretamente para o sábado 14, a terceira edición da Aña Urbana, en Pontevedra.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 35 de 36

<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto