Outono de regresos na música galega

The Homens -este sábado en Monfero- e Marful -o 30 de novembro en Pontevedra- anuncian novos concertos. E non é que esteamos de volta nos violentos anos 10, senón que encaramos un outono interesante co retorno destes dous grandes nomes da música do país que por un motivo ou outro deixaran os escenarios. Contámosvolo polo miúdo.

Ler máis

Vídeocrónica do Armadiña Rock 2019

Outro ano máis, o Armadiña Rock encheu Combarro de cultura. Unha presada de bandas do país co engadido dos bosníacos Dubioza Kolektiv foron o prato forte, nos concertos da noite na praza da Chousa mais o Armadiña é moito máis. Actuacións circenses, faladoiros, obradoiros e actividades para as crianças, música a todas horas e en todos os recantos da fermosa vila mariñeira. E iso que os repunantiños...

Ler máis

20 anos de Festa Folc en Vilariño

17 de agosto. Praia de Vilariño, na aldea do mesmo nome da parroquia do Hío. Milleiros de persoas amoréanse na area ao longo de todo o día. Veraneantes? Turistas? Fosdechinchos? Non tal. Ben, algún habería mais a maioría estaba aló para gozar dunha xornada maratoniana de música e troula argallada pola AC O Gato: a 20ª edición da Festa Folc de Vilariño. E, claro, GZmúsica volveu estar alí....

Ler máis

Estivemos no Agrocuir da Ulloa

A chuva e a poalla non paran de nos lembrar que estamos xa no outono. Porén, hai apenas uns días gozabamos do verán festivaleiro polo país adiante. Aínda temos moitas cousas que vos contar daquelas noites de música, bo ambiente e festa. Por exemplo, temos que vos falar do noso paso polo Agrocuir da Ulloa que máis un ano mudou Monterroso na capital das reivindicacións LGTBI+ galegas os pasados 30 e...

Ler máis

Vídeo resumo das Nosas Músicas de Couso

GZmúsica non parou no verán. Andamos de festival en festival para vos traer todo o que acontece no verán festivaleiro galego. Hoxe, toca unha festa á que nunca foramos nos nosos 8 anos de vida, mais nun lugar que si que visitaramos xa hai uns meses: Couso, na Estrada, ao pé do Ulla. Alí celebrouse o Churrasconcerto hai uns meses e aló, o pasado agosto tivo lugar unha nova edición d'As Nosas Música...

Ler máis

Videocrónica do Revenidas 2019

Por sétimo ano consecutivo, fomos até Vilaxoán para o Revenidas. 16ª edición, con mudanza de datas e ameaza constante da chuva, que o día antes do comezo do festival estivo moi perto de obrigar á suspensión. Porén, e apesar de que o mal tempo mermou un chisco a asistencia, o Revenidas foi avante e máis unha vez sardiñas, música, circo, mar e praia foron os protagonistas.

Ler máis
012345

V Festa Treze-Catorze

 Desde Salceda de Caselas, a Asociación Treze-Catorze achega unha proposta contra a crise... Festa de balde!

A Asociación Cultural presenta a V Edición do seu festival de música e artes populares. Convencidos de que os cortes e recortes sempre empezan polo lúdico-cultural este ano celebran o lustro cun espectáculo máis ambicioso que nunca e de balde coma sempre.

Velaquí o cartaz:

Vendetta

Terbutalina

Marxe Eskerda

Ler máis...

"Querémoslle levar a nosa música á xente non afeita a ir aos concertos"

O Café Cultural Auriense de Ourense é o lugar escollido polo Sonoro Maxín para apresentar a súa estrea discográfica. A Onda Sonora (chega do interior) é o debut dun feixe de músicxs que levan anos facendo bailar nos torreiros de todas as festas do país. A cita é a vindeira fin de semana, venres 13 e sábado 14 de abril. GZmúsica.com vai estar aló pero para nos enterar ben do que está a argallar O Sonoro Maxín, fixémoslle unha entrevista hoxe mesmo.


Ler máis...

Chega a Aña Urbana 2012

Descubrimos hai ben pouco na páxina dun amigo unha moi interesante formación da que non tiñamos noticia, A máquina de meter medo. Desenguedellando o nobelo, descubrimos que é unha formación nada no seo do sempre bulideiro Projecto [Trepja], hai un tempo convertido en Asociación Cultural.

Pois resulta que a xente da Trepia, argalla precisamente para esta fin de semana vindeira, concretamente para o sábado 14, a terceira edición da Aña Urbana, en Pontevedra.

Ler máis...

Os Ulträqänzinhos á conquista de Euskal Herria

Será en Altsasu, en Nafarroa, o vindeiro día 28 de abril. A veciñanza desta vila navarra terá a honra de presenciar a estrea deste novo combo. Un alien punkarra nacido no seo dos Ulträqäns. Os Ultraqänzinhos, grupo de BBB, bodas, banquetes e barricadas.


Ler máis...

Os Kambotes volven a Rodeiro

Despois de sete anos sen tocar na casa, os Kambotes estarán no pub Quirós da vila do Deza. Apresentarán o seu novo traballo, o cuarto, La hostia inversa, gravado nos estudios Océano de Abreu en Nigrán. Será o vindeiro venres 13 de abril. E repiten o día seguinte no Irixo, no concerto contra a incineradora no Irixo, ao carón de Zënzar, A Quenlla e moitos máis.

Loretta Martin apresenta "Despois da Mandinga"

Loretta Martin regresan cun novo traballo Despois da Mandinga gravado nos estudios Abrigueiro da Coruña. Velaquí o primeiro video-clip, Saio só, dun traballo que camiña do funk ao pop ou ao samba.

Ruxe Ruxe arrasan a Capitol

Unha horas antes de que os Medomedá saísen quentar o ambiente, a nova xa corría pola rede: entradas esgotadas para a presentación de Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. E é que mentres as administracións seguen sen lles facer oco aos grupos do país nas programacións oficiais das festas, a xente resposta de maneira contundente: Heredeiros, aforo esgotado na LP-45 de Ordes, -3500 persoas-. Ruxe Ruxe, todo vendido na Capitol, -750 persoas e moitos na porta sen entrada-. Algo ferve na música galega, que non vos enganen os agoreiros!


Ler máis...

Presentación de Terra de Fraternidade

Presentación da homenaxe ao Zeca que se fará en Compostela o 10 de maio.

Kastomä estiveron bourando por Aldán

O pasado venres 30 de marzo, a banda de Ordes Kastomä estivo no 2 de Mayo rockbar de Aldán, apresentando o seu novo traballo Impórtame merda. A verdade é que non eramos moitos, pero pagou a pena poder ollar un dos referentes do rock que se fai nesa vila coruñesa que sorprende pola cantidade e calidade do traballo alí feito.

Ler máis...

Voltan os máis jrandes!!

Volvían os máis jrandes e os movementos previos auguraban noite épica: boa promoción na rede, 3 500 entradas esgotadas en 2 días, e centos de seareiros quentando o ambiente ás portas da discoteca LP45 de Ordes 5 horas antes do retorno dos Heredeiros da Crus. Na porta escoitábase falar o galego de Verín ou o das Mariñas, mais sobre todo o dos visiños dos protagonistas da noite. A mocidade da Barbanza foi fiel a unha banda recoñecida en todo o país e reverenciada na súa bisbarra de orixe. Mulleres ribeirenses que lembraban a estrea nas festas da Dorna en 1992.

Mozos sonenses que non puideran ir ao concerto na súa parroquia hai 10 anos porque a avoa non lles deixara tras escoitar as atrocidades que daqueles ghedelludos contaba o cura. E ademais centos de rapaces de Ribeira, da Pobra, de Aguiño ou de Boiro que apenas naceran cando saíu A Cuadrilla de Pepa A Loba, (Xurelo Roxo, 1994).

Ler máis...

II Disturbio Rock

En Pontedeume, o 4 de maio chega a segunda edición do Disturbio Rock.

Desta volta subirán ao escenario da sala Coliseo os Keltoi, punk-oi vigués, os Tiro na Testa, heavies e punks de Don Ramiro, Lalín e Samesugas, máis punk desde Compostela.

A entrada custará 7 ouros.













Vellas Novas dos Quempallou

Tardaron, pero desde logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas”  toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.

“Vellas Novas” e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Ler máis...

Páxina 36 de 36

<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto