Ruxe Ruxe arrasan a Capitol

Unha horas antes de que os Medomedá saísen quentar o ambiente, a nova xa corría pola rede: entradas esgotadas para a presentación de Máis cancións sobre toxos, cardos e silveiras. E é que mentres as administracións seguen sen lles facer oco aos grupos do país nas programacións oficiais das festas, a xente resposta de maneira contundente: Heredeiros, aforo esgotado na LP-45 de Ordes, -3500 persoas-. Ruxe Ruxe, todo vendido na Capitol, -750 persoas e moitos na porta sen entrada-. Algo ferve na música galega, que non vos enganen os agoreiros!


Ler máis...

Presentación de Terra de Fraternidade

Presentación da homenaxe ao Zeca que se fará en Compostela o 10 de maio.

Kastomä estiveron bourando por Aldán

O pasado venres 30 de marzo, a banda de Ordes Kastomä estivo no 2 de Mayo rockbar de Aldán, apresentando o seu novo traballo Impórtame merda. A verdade é que non eramos moitos, pero pagou a pena poder ollar un dos referentes do rock que se fai nesa vila coruñesa que sorprende pola cantidade e calidade do traballo alí feito.

Ler máis...

Voltan os máis jrandes!!

Volvían os máis jrandes e os movementos previos auguraban noite épica: boa promoción na rede, 3 500 entradas esgotadas en 2 días, e centos de seareiros quentando o ambiente ás portas da discoteca LP45 de Ordes 5 horas antes do retorno dos Heredeiros da Crus. Na porta escoitábase falar o galego de Verín ou o das Mariñas, mais sobre todo o dos visiños dos protagonistas da noite. A mocidade da Barbanza foi fiel a unha banda recoñecida en todo o país e reverenciada na súa bisbarra de orixe. Mulleres ribeirenses que lembraban a estrea nas festas da Dorna en 1992.

Mozos sonenses que non puideran ir ao concerto na súa parroquia hai 10 anos porque a avoa non lles deixara tras escoitar as atrocidades que daqueles ghedelludos contaba o cura. E ademais centos de rapaces de Ribeira, da Pobra, de Aguiño ou de Boiro que apenas naceran cando saíu A Cuadrilla de Pepa A Loba, (Xurelo Roxo, 1994).

Ler máis...

II Disturbio Rock

En Pontedeume, o 4 de maio chega a segunda edición do Disturbio Rock.

Desta volta subirán ao escenario da sala Coliseo os Keltoi, punk-oi vigués, os Tiro na Testa, heavies e punks de Don Ramiro, Lalín e Samesugas, máis punk desde Compostela.

A entrada custará 7 ouros.













Vellas Novas dos Quempallou

Tardaron, pero desde logo que foi para elaborar con moito convencemento e boas ideas o que xa é o cuarto traballo discográfico do grupo. Deste xeito, Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, volve a ser noticia. E nunca mellor dito, xa que o seu novo disco “Vellas Novas”  toma forma nunha estética xornalística, que se verá reforzada coa publicación dun xornal que a banda ten pensado distribuír nos seus concertos.

“Vellas Novas” e un traballo cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan dende a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Como é habitual en Quempallou, o disco asenta unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridade característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas, e sobre todo a voz.

Ler máis...

Páxina 37 de 37

<< Inicio < Anterior 31 32 33 34 35 36 37 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto