XXV anos de Bravú

Volve o rock Bravú, se é que algunha vez marchara. Este ano cumpríronse 25 anos do banquete inaugural daquel movemento xerminal da música en galego, que naceu o 1 de novembro de 1994 en Chantada, na véspera do II Castañazo Rock e dediante dunha boas postas de cocido. Igual que fixeran hai 5 anos co gallo do 20º aniversario, varias actividades e concertos reinvidicarán a importancia do Bravú, nunha...

Ler máis

Adeus e grazas, Nao

A banda da Estrada pecha este sábado 7 de decembro 14 anos de camiño polo rego do rock e o metal en galego. Jasper, Gus, Amós e Torroncho subirán por derradeira vez xuntos a un escenario en Amio, nun concerto con numerosos convidados e tres bandas abrindo unha noite que vai ser histórica. SondaRúa, Rebeliom do Inframundo e Odolaren Mintzoa quecerán o ambiente do Recinto Feiral para dar paso despoi...

Ler máis

Arrythmia escolle o Verkami para I, o seu terceiro disco

A banda lucense escolle a fórmula do micromecenado para o seu terceiro disco, que verá a luz na primavera do vindeiro ano. Despois de III e II chega, non quedaba outra, I. Primeiro traballo en cuarteto tras a entrada de Miguel Duarte na banda. En apenas 4 días xa están por volta do 40% do seu obxectivo que culminará coa presentación oficial de I o 24 de abril de 2020 na Sala Malatesta de Compostel...

Ler máis

Primeiras confirmacións do Castelo Rock 2020

Hoxe mesmo, mércores día 27 de novembro ás 12h tivo lugar o primeiro adianto do cartaz dun dos eventos máis sonados da vila de Muros, o Festival Castelo Rock. Esta XVII edición terá lugar os días 24 e 25 de xullo, coincidindo ca ponte de Santiago Apóstolo. Logo de romper con todos os esquemas na edición do ano pasado, o Festival Castelo Rock de Muros volve coas pilas cargadas. ...

Ler máis

Xabier Díaz inicia xira pola Arxentina e o Uruguai e anuncia novo disco para marzo de 2020

A xira comeza hoxe en Montevideo e visitará Bos Aires, onde fará dobrete despois de esgotar as entradas do primeiro concerto, Lago Puelo, Bariloche e Córdoba. O músico tamén impartirá aulas maxistrais e obradoiros para diferentes colectividades galegas tanto na Arxentina como no Uruguai. O autor de “The Tambourine Man” xirará acompañado dos irmáns Álvarez, os músicos cos que comparte proxecto xun...

Ler máis

Novos vídeos, EP para o 2020 e confirmados no Resu. Disque volven os Machina

Hai uns anos que o metal galego quedou coxo co parón dos Machina. O tempo pasaba e unha paraxe motivada polas diferentes circunstancias vitais dos seus compoñentes alongábase até facer temer que o que era temporal acabase por ser definitivo. Porén, en apenas unha semana os de Cerceda apresentan unha arroiada de boas novas, comezando pola súa volta. Estabamos a escribir unha nova sobre o seu novo d...

Ler máis
012345

La Raíz e Terbutalina, primeiras confirmacións do SonRías Baixas 2018

O Festival volverá encher Bueu de festivaleiros os días 2, 3 e 4 de agosto coa súa particular mistura de música, praia e gastronomía nunha contorna privilexiada. Despois de esgotar en menos de 12h os primeiros 200 abonos, as entradas están á venda na web do festival, cun prezo especial de 25 € máis gastos, coa acampada incluída.

Ler máis...

Banda Xangai, primeira confirmación do Revenidas 18

O Revenidas 18 vai tomando forma. Nesta décimoquinta edición volverá haber máis de 30 actuacións e máis de 40 espectáculos, moitos deles de balde, coa combinación de propostas do país e foráneas tan típica do festival de Vilaxoán. Polo de agora, e en exclusiva de GZmúsica, podemos confirmarvos que a Banda Xangai vai estar no Revenidas deste ano. E as negociacións están tamén moi avanzadas cun grandísimo grupo de ska, internacional, que daría o seu primeiro concerto en Galiza no Revenidas.

Ler máis...

O Esmorga Fest 2018 presenta o seu cartel definitivo

O festival que reúne o mellor do panorama underground estatal celebrarase os días 2 e 3 de marzo en Sarria, Lugo.  WAS, Nudozurdo ou Disco las Palmeras entre as 15 bandas que van formar parte desta edición.

Ler máis...

A AC Millo Verde abre o prazo de inscrición do seu XI Concurso de Maquetas

Desde o 15 de decembro e até o 15 de febreiro permanecerá aberto o prazo para se inscribir na undécima edición deste concurso ligado ao festival redondelán. A banda gañadora levará 300 € e a posibilidade de formar parte do cartaz da duodécima edición do festival Millo Verde, que se celebrará en xuño de 2018.

Ler máis...

Os Falperrys a piques de acadar o obxectivo da súa nova abordaxe tabernaria

A banda optou polo micromecenado na plataforma Verkami para o seu novo traballo e están a piques de chegar ao seu obxectivo cando aínda restan 20 días para que remate o prazo do proxecto. Se lles queres botar un cabo nesta nova singradura, bule porque pouc@s patronsiñ@s e oficiais máis van poder enrolarse con eles.

Ler máis...

Domingo á tardiña con Sumrrá

As tardes de Compostela os domingos soan a jazz. A Casa das Crechas volve ter este inverno a Sumrrá case de banda residente e se che cadra andar pola capital un domingo á tardiña paga moito a pena ver se teñen concerto e achegarse alá. O Vituco Neira foi velos hai unhas semanas e volve agora a retomar a colaboración con GZmúsica falándonos da maxia que Sumrrá deita os domingos nas Crechas.   

Ler máis...

Ata sempre tour no Aturuxo de Bueu (19/11/17)

Chotokoeu están de despedida. Despois de 10 anos percorrendo Europa, a banda con sede en Uxes percorre o país co Ata Sempre Tour. Fomos miralos ao Aturuxo de Bueu e volvemos con sensacións encontradas: contentas polo concertazo que gozamos e tristes pola despedida da banda. Aquí vos queda a crónica de Lety GF e as fotos do Xabicas...e lembrade que aínda estades a tempo de ver Chotokoeu ao vivo, por exemplo este sábado en Soutomaior.

Ler máis...

AC Lucerna retoma o magosto en Cerceda

A pasada fin de semana non todo foi Castañazo Rock. Aínda que a cita de Chatanda congregou a maioría da tribo musiqueira galega, houbo moitas outras alternativas. E malia que tamén a maioría da equipa GZmúsica andou por Chantada, houbo quen estivo en Cerceda, no magosto da AC Lucerna, como Lety GF, vendo á Banda de Balbina, os do Xalo, Embruxo ou Os atrevidos da Barcala.

Ler máis...

Lanzamento da primeira maqueta dos Abrentes de Cerdedo

Despois de 23 anos de andaina, o grupo de gaitas Os Abrentes de Cerdedo pisa un estudio de gravación para deixar recollida de forma dixital unhas pezas do seu repertorio. Publícanse en internet cinco temas, onde tres deles foron gravados neste ano 2017 en Vigo. Con esta gravación, o grupo de gaitas intenta amosar o seu traballo buscando a maior naturalidade nunha gravación realizada nunha tarde de sábado para amosar a súa frescura e espontaneidade.

Ler máis...

40 anos de “Fonte do Araño” (1977-2017)

O pasado xoves 2 de novembro na Fundación Luis Seoane da Coruña tivo lugar a presentación da reedición de Fonte do Araño, o histórico disco de Emilio Cao do que agora PolyRock reedita 300 copias en vinilo co gallo do 40 aniversario da súa publicación en 1977.

Ler máis...

Domingos de Sumrrá nas Crechas

Este domingo 22 de outubro a Casa das Crechas acolle un concerto de Sumrrá, que continúa a temporada de concertos os domingos neste local que comezou o pasado día 15. Recuncarán o 29, sempre ás 20:30h. Este trío, o grupo de jazz galego máis lonxevo e internacional, está formado polo pianista Manuel Gutiérrez, o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo e o batería L.A.R. Legido.

Ler máis...

Caxade e Dous no Camiño pechan o sábado na Coruña o ciclo Vive o Camiño

Este sábado, os cómicos Fran Rei e Isabel Risco visitarán A Coruña, nesta programación do Xacobeo que xa percorreu o Camiño Inglés e o Camiño Fisterra-Muxía, interpretando dous perregrinos no espectáculo Dous no Camiño. Tamén a banda Caxade ha ofrecer un concerto, desta volta en sesión vermú. Caxade e os Dous no Camiño recuperan a parada de Vive o Camiño na Coruña que estaba prevista para setembro, e fora adiada pola choiva, o vindeiro sábado, 14 de outubro.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 5 de 36

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto