Boal é unha pequena vila do occidente asturiano. Aló falan a variedade máis oriental da nosa lingua, o galego de Asturias ou gallego-asturiano. Desde esta vila da montaña, a Asociación Xuvenil Mezá leva anos removendo a pousada vida cultural da vila, cun outono cultural cheo de actividades e música. Este ano volven contar con bandas galegas e asturianas para pór a vertente musical e festivaleira do outono. Desta banda do Eo, Carricobanda e Chotokoeu irán até aló para mostrarlles aos veciños e visitantes o seu traballo. Esta fin de semana, venres 5 e sábado 6, Outono Cultural en Bual...nosoutros taremos alló!
A Candeloria xa adiantou parte do cartaz da súa segunda edición, que se celebrará o 27 e 28 de febreiro do vindeiro ano en Lugo. O cartaz aínda non está pechado, pero polo de agora xa sabemos que Ruxe-Ruxe, Arrhythmia, Terbutalina e Liviao de Marrao, para alén dos españois Los Chikos del Maíz e Habeas Corpus, pasarán pola cidade do San Froilán. Á falta das últimas confirmacións, a Candeloria aposta nesta segunda edición por un gran cartaz, co melloriño da música do país e o engadido dalgunha moi boa banda foránea.
Máis artigos...
- Seivane e Junkera, no cartaz do XIX Asalto ao castelo de Vimianzo
- 9 e 10 de maio, volve o Freixo Rock!!
- Concerto por un Sáhara Libre, este sábado en Silleda
- Megadeth ou os galegos Mutant Squad, entre as últimas confirmacións do Resu
- O Resurrection Fest vai aquelando o cartaz 2014
- 10 anos de Zona da Zanfona
- Reperkusión abre prazo para as bandas presentaren propostas para a edición 2014
- Varios grupos do país, confirmados para o Aversion Fest 2014
- Este sábado en Rianxo, Rock in Rian
- Espazos Sonoros
- SCD Condado, a piques de acadar o obxectivo
- Toda a info do SonRías 2103
- Son da Marisma, música emerxente en Sabarís
- Calendario Festivaleiro 2013
- Especial sobre o Reper 2013 en GZmúsica TV