Viño e música volven ir da man no Ribeiro Son do Viño


Hai uns días presentouse a quinta edición deste festival, cun cartaz no que atopamos ao Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e Baiuca. Trátase dunha das propostas máis orixinais do verán galega, xa que unirá o vindeiro 14 de xullo catas de vino da D.O. Ribeiro con música en directo no fermoso contorno da playa da Barrosa, en San Vicente do Mar.

Adega Sameirás, Adegas Deseu, Alberte, Antonio Montero, Eduardo Bravo e Viña Costeira son as adegas que se encargarán de harmonizar, cos seus viños, os concertos do festival. Ribeiro Son de Viño 2018 hase celebrar o 14 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar, no Grove. O Sonoro Maxín, Esteban y Manuel, Marem Ladson, Bifannah, Pardo e mais Baiuca conforman o cartaz festivo que protagonizará a quinta edición de Ribeiro Son de Viño.

Xunto a estes artistas poderase degustar durante toda a xornada, a ritmo de cumbias, música electrónica e tradicional, merengues, cancións pop e rock clásico, os caldos destas 6 adegas galegas.  Unha proposta ecléctica e de calidade que, como novidade este ano, ha continuar tras os concertos coa picada de dous Djs, Luis Basilio da banda española Los Nastys e Antía Van Weill, baixista de Bifannah.

Durante todo o evento, que comeza ás 13.00 h. e esténdese até as 5.00 da mañá, os responsables dalgúns dos mellores viños do país estarán a disposición de todos os asistentes para guialos nas degustacións e conversar sobre a variedade e diversidade que esta zona ofrece, sempre cun denominador común, a calidade e as súas variedades de uva autóctonas.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto