A próxima fin de semana camiñando “Nos Seus Pés”


Non sabemos se vós  coñecedes este festival, a verdade é que nós vimos de coñecelo vai pouquiño, pero vémolo con ilusión e esperanza, porque máis cousas así tiña que haber na terriña, pois se non axudamos as que podemos… quen o vai facer?

Nos Seus Pés (que nome bonito, non?), é un festival solidario organizado por xente de O Grove (Pontevedra), que busca concienciar sobre a situación actual dos refuxiados e colaborar economicamente con dúas das organizacións de axuda humanitaria que operan no Mediterráneo: Project Elea e PROEM-AID. Para elo o evento organízase en dous días nos que se celebran distintas actividades de balde para tódolos públicos.

Como o noso é a música non vos imos dar toda a información que isto requiriría, máis si mencionarvos que Project Elea é unha organización independente, formada por voluntarios de todo o mundo e financiada por doazóns privadas, que levan máis de dous anos traballando no campo de refuxiados Eleonas, situado ás aforas de Atenas, tentando mellorar as condicións e a calidade de vida dos miles de refuxiados que están retidos en Grecia dende o peche das fronteiras dende hai 2 anos. E PROEM-AID é un equipo español de profesionais das emerxencias, que axuda de forma voluntaria dende o 2015 no sureste da illa grega de Lesbos, e dende 2017 tamén no Mediterráneo Central.

O bo resultado da primeira edición o ano pasado deixounos con ganas de máis. Polo que esta segunda celebrarase os días 19 e 20 de outubro.

Na primeira edición a recadación de nada máis e nada menos que 7.168€ logrouse a través de doazón anónimas, venda de tapas do showcooking, consumición snas barras, merchandising e sorteos. Para a  súa segunda edición presentan o seguinte cartaz,  para que vos faga as ganas e vaiades ao Grove a próxima fin de semana.


Neste festival os colaboradores son o piar fundamental, xa que sen eles nada disto sería posible. Comercios, empresas, particulares, administración pública, artistas e público. Así como da implicación desinteresada de todos aqueles que forman parte do equipo de voluntarios.

Calquer  axuda, por pequena que pareza, une e suma.

NOS SEUS PÉS, NAS NOSAS MANS

Así é que por se tedes algunha dúbida sobre o evento, ou queredes colaborar con eles, non dubides contactarlles:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

www.facebook.com/NosSeusPes

www.instagram.com/NosSeusPes

www.NosSeusPes.com

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto