Novas confirmacións no SonRías Baixas

Sés, Som do Galpom, Dubioza Kolektiv, Iseo & Dodosound, Hakuna Tanaka e Nius de Nit son as 6 novas bandas anunciadas pola organización. Completan un cartaz en que xa estaban Nao, Dakidarría, Zoo, Boikot ou La Pegatina e para o que a organización anuncia algunha sorpresa máis. O festival volverá encher Bueu de música, gastronomía e cultura na primeira fin de semana de agosto.



Bueu, 10 de abril de 2019.- Dubioza Kolektiv, SÉS, Iseo & Dodosound with the Mousehunters, Hakuna Tanaka, Nius de nit e Som do Galpom completan o cartel da XVII edición do SonRías Baixas, que se celebrará os días 1, 2 e 3 de agosto en Bueu.

Tres poderosas voces femininas súmanse, así, ao potente cartel deste ano: o eclecticismo e o compromiso de SÉS, a elegante mestura de reggae, trip hop e r&b de Iseo & Dodosound with the Mousehunters e a explosiva combinación de hip hop e reggae feminista de Hakuna Tanaka.

Iseo & Dodosound, en Bueu coa sección de ventos de The Mousehunters, serán un dos atractivos do SonRías

Xunto a elas, a delirante combinación de hip hop, reggae, dub, rock e folclore bosnio dos Dubioza Kolektiv, a rumba entusiasta dos Nius de Nit e mais o rap e funky made in Galiza dos Som do galpom.

Som do Galpom traerán ao Morrazo a súa mistura de funk e rap

Ademais destas seis bandas, a organización do festival xa anunciara previamente a La Pegatina e la M.O.D.A, dous dos grupos da escena alternativa máis destacadas do estado; o hardcore punk de Segismundo Toxicómano e o rock urbano misturado espírito da festa balcánica de Boikot; a xira de despedida de Nao e o regreso rebelde dos Dakidarría; Muyayo Rif, unha das propostas máis vitalistas e sorprendentes da escena catalá; aos valencianos Periferia Norte, capitaneados pola poderosa JazzWoman; á mítica banda bilbaína de pop-rock en euskera Zea Mays e aos valencianos Zoo.

As entradas para o SonRías Baixas, que este ano máis que nunca programa tres intensas xornadas de música, con bandas de renome de xoves a domingo, están á venda na web sonriasbaixas.info cun prezo especial e limitado de 39 € máis gastos os tres días de concertos, acampada incluída.

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto