Primeiras confirmacións do Castelo Rock 2020


Hoxe mesmo, mércores día 27 de novembro ás 12h tivo lugar o primeiro adianto do cartaz dun dos eventos máis sonados da vila de Muros, o Festival Castelo Rock. Esta XVII edición terá lugar os días 24 e 25 de xullo, coincidindo ca ponte de Santiago Apóstolo. Logo de romper con todos os esquemas na edición do ano pasado, o Festival Castelo Rock de Muros volve coas pilas cargadas.

Desta vez, o equipo casteliño vén de anunciar un adianto do cartel con 5 bandas, que xa auguran o que ven nesta nova edición, e ao que será posible acceder, ata o próximo adianto, por tan só 19,95€ o bono de dous días. Os rapaces que conforman a Asociación Cultural Recreativa Deportiva Praia do Castelo, unha asociación sen ánimo de lucro que é quen organiza o festival, veñen a confirmar con este adianto que a próxima edición manterá as datas do ano pasado, a útima fin de semana de xullo, e que será unha edición explosiva.

A primeira das bandas a ser confirmada é Viva Belgrado. Dende Córdoba chega unha das bandas máis importantes da escena underground estatal. Con “ Flores, Carne “ saltaron á fama, que reafirmaron 2 anos máis tarde co seu tan esperado álbum “Ulises”, chegando a ser considerado top 1 na sección hardcore/punk no 2016, constatación dunha verdade a gritos: Viva Belgrado é unha das bandas más consistentes que o panorama nacional nos brindou nos últimos anos Estarán no Castelo Rock 2020 presentándonos o que ata o de agora é unha sorpresa para moitos dos seus incondicionales, o seu novo álbum, que de seguro estará no máis alto da escena para non perder a costume. Directazo, poesía, punk, hardcore e screamo farán que non pasen desapercebidos por terras muradás. A este grupazo segueno os Toundra.

O Castelo Rock non entende de fronteiras de ningún tipo, e é por iso que este ano o Rock Instrumental estará representado por un dos seus máximos expoñentes actuais, Toundra. Avalados por xiras mundiais, actuacións nos mellores festivais tan só facendo música debería ser suficiente para entender a calidade musical que podemos atopar en cada nota deste cuarteto madrileño. Neste bombazo de adianto non podía faltar un clásico. E desta vez Segismundo Toxicómano lévase esta etiqueta. Está claro que a esta organización o que máis lle gusta é ter aos casteliños contentos, e son ben coñecedores do que lle gusta e das gañas que lle tiña o público do festival a este grupazo. Pois ben, a espera terminou xa. Un pracer será presenciar “Sangre Fácil”, o novo discazo que acaban de sacar os de Vitoria-Gasteiz no #castelorock2020. Prepárense para unha descarga de punk sen complexos, prepárense para o que se ven encima con estes vascos.

Outro clásico, desta vez do metal, que ainda que estivo presente en moitas quinielas para o festival en edicións anteriores, nunca tocara. Hamlet, con influencias de grupos como Pantera, Slayer ou Sepultura, con 26 anazos de traxectoria e nada mais nen nada menos que 12 álbums de estudio, vira a Muros para poñer o seu característico toque de saber facer, boa música e ritmo neste, polo que de seguro será un pracer para os asistentes a este #castelorock2020. E para rematar este bestial adianto, e coñecedores do incríble apoio que o Festival Castelo Rock dá a escena musical local, non podía faltar un grupo da zona. Desta vez, será Golpe Radikal quen dea, por agora, o toque da costa o escenario do Castelo Rock. Os veciños da Pobra do Caramiñal presentarán probablemente en Muros o seu novo disco, que publicarán a mediados de 2020.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto