Vibra Balboa!

Balboa é un dos concellos do Bierzo onde se fala galego. Esta zona dos Ancares leoneses, para alén das arquetípicas pallozas, conta con varios festivais de música galega, o ReggaeBoa, o Balboa Jazz Festival,...contará este verán cun festival máis. Trátase do “Vibra Balboa”, un evento completamente autoxestionado que terá lugar esta fin de semana do 31 de agosto e 1 de setembro.


Vai ser un festival moi ambicioso no que se tratará de divertir @s asistentes tanto de día, na praia fluvial, con actuacións circenses e espectáculos para todas as idades, como de noite, na Palloza de Chis, con concertos de Skarallaos, Chotokoeu, Compañía do Ruido ou Güintervan. As entradas pódense adquirir en diferentes establecementos de Galiza e León a un prezo de 8 euros anticipada ou senón a 10 euros na propia billeteira. Os puntos de venda anticipada son:

A Coruña: Maricastaña, Polvorín, Aquí Mesmo
Ourense: Café Auriense
Pontevedra: Lusco e Fusco
Lugo: Clavicémbalo
Vigo: bar Bizarre (Churruca)
Santiago de Compostela: A Borriquita de Belem
O Bierzo: Mesón As Calellas
León: Gran café e Voodoo

+ Info na web do festival.
Para ir até Balboa en carro compartido: Evento en blablacar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto