Especial sobre o Reper 2013 en GZmúsica TV

Hoxe, arredor das doce da noite, en streaming en GZmusica.com e na TDT en Vía TV, chega o décimo Episodio de GZmúsica TV. Desta volta, a nosa equipa televisiva desprazouse até Bemposta para asistir ao Reperkusión 2013. Teredes ocasión de ver algunha das intervencións de bandas galegas no Reper e de escoitar as impresións de Moncho dos Skarallaos, dos Guezos, Lydia Botana ou Xosé Manuel Pereiro. Tamén, de coñecerdes que cousa é o Biofestival. E se o ano pasado atrevémonos cunha entrevista bosníaco-galega, no 2013 falamos en bretón.


Ao longo da semana, fomos subindo moita información do noso paso polo Reperkusión 2013. Os vídeos dos Reporteiros Festivaleiros, as fotos de Xabicas e un par de crónicas de concertos. Puxemos as cousas boas e as malas. O que nos chistou e o que nos gustou menos. E rematamos a nosa visión do Reper deste ano cun episodio especial de GZmúsica TV onde o protagonismo vai ser para as bandas galegas e para o público, galego, asturiano, leonés ou bretón, -Obrigadinh@s a Carola pola tradución express!!-, que se achegou até Bemposta.

Pola nosa cámara pasaron os Guezos, Moncho dos Skarallaos, Lydia Botana e Quintáns a falar da Fura Fura, Tonhito de Poi ou Xosé Manuel Pereiro. Tamén moit@s de vós, mostrándonos o que son as tres xornadas do Reper, onde hai, habédelo ver, un público interxeracional e variopinto. Non contamos máis, o resto terédelo que ver esta noite, a iso das doce, na nosa web ou en Vía TV. Reemitirémolo o domingo ás 23:30h e o luns estará colgado na rede.

Picando nesta imaxe, accedes á canle de streaming de Vía TV.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto