Son da Marisma, música emerxente en Sabarís

A primeira fin de semana de xullo preséntase cunha amplitude de propostas arredor da música do país. Unha ben interesante que vimos de coñecer é o son da marisma, un festival de músicas emerxentes que nace en Sabarís, Baiona, co obxectivo de lles achegar aos veciños de Sabarís formacións novidosas no panorama musical galego. E nace con vocación de se asentar e se converter nun punto de encontro para a vida cultural do Val Miñor. Eis a proposta do I Festival de Músicas Emerxentes Son da Marisma.


Son da marisma é un proxecto concebido para achegar a música emerxente galega ao pobo de Sabarís e arredores. Así como darlle vida e contido á programación cultural que ofrece o Casino de Sabarís como institución social.
Este evento, que aspira a ser de carácter anual, quere converterse nunha cita de referencia para a xente que gosta da boa música, e proporcionar un lugar para o encontro e o desenrolo da vida social e cultural galega no Val Miñor.
O festival celebrarase os días 5 e 6 de xullo no Casino de Sabarís con música a cargo de tres grupos integrados por grandes músicos recoñecidos pola crítica dentro do panorama galego. Ademais tamén haberá un pequeno gran mercado de vinilos e casettes e outras actividades paralelas aos concertos.


CARTEL DE MÚSICOS (Venres 5)
2uS (DOUS)

Fernando Abreu (clarinete) Pablo Carrera (guitarra)
2uS (DOUS) son un grupo de música popular en toda a extensión da etiqueta. Sons da terra concentrados nestes dous músicos que forman esta orixinal proposta. Cando se escoitan as súas cancións en directo, 2uS nos lembran que este planeta é tan grande, o pequeno, como sexamos capaces de imaxinar. A súa música tense que escoitar, sentir e deixarse levar ata as bodas de Bulgaria, as romerías de Galicia, os poboados de África, as praias de Brasil ou os clubes de Chicago.
Espontánea, feliz e plural, pero sempre coa identidade destes dous instrumentistas de infinito gusto polo diferente.
Discografía: “So son sons” (2008) e “Dous” (2012)

CARTEL DE MÚSICOS (Sábado 6)
CUARTETO CARAMUXO

Felipe Agell, Xoán Carlos Vázquez, Fernando Abreu, Oscar Prieto, (clarinetes) Alonso Caxade (acordeón) Patricia Cela (percusión)
Gañadores do Festival Folk Cancioneiros da fundación Pedro Barrié de la Maza en 2008, no que o xurado salientou a súa orixinalidade e posta en escena na reinterpretación dos cancioneiros populares galegos. Seis músicos cunha variada formación académica que vai dende a música antiga ata a contemporánea, pasando pola música tradicional, a pedagoxía ou a musicoterapia. Os seus concertos teñen un aire festivo que contaxia ao público, pola súa teatralidade e alegría no escenario.
Discografía: “Tiruriro” (2009)

LEOPOL
Leandro Deltell (batería) Pablo Carrera (guitarra)
A improvisación e experimentación sonora son a base deste novo proxecto musical, formado por dous músicos de amplo bagaxe. LeoPol propoñen unha búsqueda de paixases sonoras, e unha viaxe musical influenciada polo jazz, blues, funk e músicas do mundo.

Leopol

ACTIVIDADES PARALELAS
• Mostra da obra de Patricia Cela,
Lutier de instrumentos tracicionais
www.patriciacela.com
• Mercado de vinilos e casettes
• Exposición de:
FOTOGRAFÍA
Carla Bras e Jose Manuel Salcedo “6co2+6h2o”
Cris Grande
ESCULTURA
Victor Lorenzo
ILUSTRACIÓN
Olalla Fernández

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto