Apoia o crowfounding do Festival Taíña!

O vindeiro 14 de febreiro vaise celebrar en Goián a 12ª edición do Festival Taíña. Coma todos os anos, a vila fronteiriza dá a saída da tempada de festivais galegos. Mais este ano, a organización decidiu crear un proxecto de micromecenado en Verkami para levar o festival avante. Quedan apenas 5 días e aínda non deron acadado o obxectivo. Precisan do teu apoio!

Polo de agora, teñen confirmados Collón de Lola e mais o suízo Elijah. Sábado de entroido tes unha cita en Goián co primeiro dos festivais galegos de 2015. Se podes, colabora no seu crowfounding en Verkami -tes até este SÁBADO- para garantir a viabilidade desta décimosegunda edición.


Bótalle unha ollada aos vídeos de apoio que os do Taíña teñen na súa canle de Youtube!

{fcomments} 


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto