VIII Concurso de Maquetas do Milllo Verde

O festival redondelán botou a andar a oitava edición do seu concurso de maquetas. O prazo para presentar propostas abriuse o pasado 1 de xaneiro. As bandas terán até o vindeiro 1 de marzo para presentarse. Pódense presentar formacións que non teñan un disco editado por contrato discográfico. A final será o 27 de marzo.


Chega o VIII Concurso de Maquetas Millo Verde e desde a organización do festival queren convidar todos os grupos e bandas a que participen e formen parte desta festa previa ao estival.


O prazo de inscrición abriuse ó comezo de ano, o 1 de xaneiro, e remata o 1 de marzo. A final será o 27 de marzo e contará cos 3 finalistas escollidos entre todos os traballos recibidos.

Podedes consultar toda a información na seguinte ligazón:

BASES CONCURSO MAQUETAS MILLO VERDE

E para máis info www.milloverde.org

Animádevos e sorte a todos!!!

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto