I Concurso de bandas en galego do Novo Cruceiro Rock

A Asociación Cultural​ Novo Cruceiro​ de Vila de Cruces​ leva organizando desde hai sete anos dun pequeno festival cuxo obxectivo esencial é o de promover a música en galego. Este ano presentan un novo proxecto co que pretenden motivar aquelas bandas que teñen gañas de tocar no seu festival ademais de reforzar a súa idea de promover música na nosa lingua e achegala á comarca do Deza. Tedes unha banda e cantades en GALEGO? Pois esta é a vosa oportunidade, le as bases!

​O proxecto que teñen entre mans é​ un concurso de bandas en GALEGO, no cal poden participar tanto bandas emerxentes como bandas xa consolidadas. Velaquí as bases:

O concurso consta de dúas partes:

1ª PARTE: Enviádenos 3 temas orixinais e cantados en GALEGO Da vosa banda (preferiblemente enlace de bandcamp ou Similares), acompañados dunha foto en formato JPEG e unha pequena biografía do grupo ao correo  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

É necesario incluír tamén: dirección, código postal e número de teléfono. Só se admitirán traballos encadrados estilisticamente dentro do rock e as súas variantes.

O prazo de entrega será ata o 31/03/2015.

 

2ª PARTE: O 05/04/2015 comunicaráselle ás 4 bandas escollidas polo xurado, a súa participación nunha Fase Final que consistirá nunha actuación ao vivo en Vila de Cruces, o día 1 de Maio de 2015.

A Fase Final consistirá nunha actuación de 40 minutos no que as bandas farán todo o posible por convencer ao público e ao resto do xurado para poder formar parte do cartaz do festival NOVO CRUCEIRO ROCK, que se celebrará o 7 de Agosto de 2015, en Vila de Cruces no que teñen participado bandas como KASTOMÄ, MEDOMEDA, RUXE RUXE, DESEQILIBRIO MENTAL, FAMILIA CAAMAGNO, ZËNZAR, NAO, SOM DO GHALPON... e moitas máis).

 

Ademais do PREMIO como banda convidada do Festival NOVO CRUCEIRO ROCK na 7ª edición, farase entrega o 7 de agosto dun premio en metálico de 300€.

A asociación irá ampliando información no Facebook do Novo Cruceiro Rock.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto