Xantar-Presentación Festival das Bretemas (crónica completa)

Segue o verán, seguen os festivais. A nosa equipa festivaleira percorre o país na procura de festas e festis. O primeiro do mes de agosto achegámonos até Ponteareas para asistir á presentación da 4º edicion do Festival das Brétemas, e de paso encher o bandullo no Xantar-Presentación. Eis a crónica, as fotos e o vídeo de Lety GF

Cheghamos con mono de billarda ao aberto bretemoso. Mais a sorpresa ao chegarmos foi que alguén tiña máis mono ca nós, posto que en cousa de 5 minutos -mentres a organizacion seguía carrexando material- algún veciño da zona fixose cunha nova equipación de billarda. Así que mentres a organización improvisaba e se agardaba por máis xogadoras degustabamos uns vermús e unha empanada.

Comezar coa primeira actividade con certo retraso case provocou que a banda encargada de amenizar a sesión vermú tivese que agardar polos deportistas. Esta banda viña dende o barrio de San Pedro de Compostela para facernos cantar e mover o cu antes de xantar. Se queredes poñerlle cara a Sesion Vermú tedes un anaco deles no vídeo.

Tras papar xamón asado e seitán, melón, sandía, larechar con xente nova e coñecida e o cafeciño xa nos botaban pra fóra pra continuar coas actividades. Chegáballes o momento aos xogos populares, podedes velos nas fotos e vídeo, e así nun momentiño fixose equipón. Tanto equipón que non marchamos coas mans baleiras e temos unha nova camisola para lucir nos festiveráns.

E xa despois disto pra ir rematando voltaba a música, desta volta da man dos Skalingrado, aínda que algúns asistentes xa tiñan feito a trece-catorce... máis os que alí quedaban puideron bailar o son do ska-punk destes ourensáns que nos traian versións e mais algún tema propio.

A xornada xa chegara ao seu fin, pero por aló quedamos larechando coa xente bretemosa, que nos despediron como as nais, mandándonos a cea pra que non pasasemos fame.


FOTOS DA XORNADA

Picasa user or album is not correct

Texto, fotos e vídeo: Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto