Chotokoeu, Vendetta, Gold&Colt e La Gran Pegatina, o SonRías pecha o cartaz da edición 2016

Os galegos Chotokoeu e Gold&Colt; os foráneos Vendetta e La Gran Pegatina. Catro novas formacións súmanse ás xa anunciadas: Soziedad Alkoholika, La Vela Puerca, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Boikot, La Sra. Tomasa, The Skarnivals e Poetarras. En total, unha ducia de bandas galegas, españolas e internacionais pasarán polo escenario do Festival, que converterá a vila de Bueu nunha gran festa a primeira fin de semana de agosto. As entradas están a 29,50€ máis gastos en adiantada.

O Festival SonRías Baixas encherá Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula durante a primeira fin de semana agosto, cun cartaz musical fresco e orixinal que combina artistas consagrados con formacións novas e moi prometedoras. La Gran Pegatina, Soziedad Alkoholika, The Skarnivals, Chotokoeu, Poetarras, Gold & Colt, La Vela Puerca, Heredeiros da Crus, Lendakaris Muertos, Boikot, Vendetta, La Sra. Tomasa, ... Doce bandas de distintos estilos e procedencias que teñen unha cousa en común: un directo enerxético e festivo que, xunto cos momentos de praia, lecer e gastronomía que caracterizan o festival do Morrazo, converterá a cita nunha experiencia única e irrepetible que quedará gravada na memoria dos asistentes. As entradas están á venda na web do festival, nas tendas de Rei Zentolo e outros puntos de venda físicos a un prezo reducido de 29,50 euros máis gastos o abono dos dous días, coa acampada incluída. O prezo na billeteira será de 35 euros.

Como ven sendo tradicional, o SonRías Baixas 2016 combinará artistas que xa son historia viva do Festival, como Boikot, Soziedad Alkoholika, Heredeiros da Crus ou un dos directos máis desexados do ano en todo o Estado, o de La Gran Pegatina, cunha banda internacional da talla de La Vela Puerca e cunha das voltas aos escenarios máis esperadas dos últimos anos, a de Lendakaris Muertos. Para completar a mestura marca da casa, bandas cun futuro moi prometedor, como Chotokoeu ou Gold & Colt.

As últimas bandas en incorporarse ao cartel foron La Gran Pegatina, cun espectáculo a modo de Big Band no que 7 artistas de luxo completan un dos directos máis divertidos do mundo, que durará só 5 meses e que terá no SonRías Baixas a súa parada en Galicia; Vendetta, os grandes protagonistas da escena ska de España que elixiron Bueu para presentar un directo fresco e renovado; os Chotokoeu, seguramente a formación galega con máis percorrido internacional nos últimos anos, world music e ritmos eclécticos en estado puro; e Gold & Colt, verdadeiro referente do country americano en Galicia.

Chotokoeu volverán a Bueu no verán despois de tocar alí o pasado domingo.

Estas catro bandas completan un cartel no que xa foran anunciados os protagonistas indiscutibles da madurez e da evoución da música rock latinoamericana, os uruguaios La Vela Puerca; tres bandas de referencia no panorama rockeiro español: Soziedad Alkoholika, un grupo de culto para os amantes do metal e do hardcore español, os míticos Lendakaris Muertos, máximos expoñentes do punk máis gamberro e absurdo, e os madrileños Boikot, que volven a Bueu por aclamación popular, despois de arrasar na edición de 2013 coa súa enerxía e diversión revolucionaria. Tamén repiten os Heredeiros da Crus, outra das bandas máis queridas do público do SonRías Baixas, nun dos poucos concertos de gran formato que ofrecerán este verán, despois de facer sold out en toda a súa xira de salas. Completan o cartel a banda do Morrazo The Skarnivals, un novo disco e cunha madurez que se plasmará nun directo renovado; a revolución musical de La Sra. Tomasa, que conecta a música tradicional coa electrónica nunha sesión futurista, chea de aire fresco e de ritmos trepidantes; e os Poetarras, un colectivo “arterrorístico” especialista en crear cancións pegadizas e irreverentes que os teñen convertido nos seus poucos anos de vida nos máximos expoñentes da nova retranca galega.


Un esforzo conxunto para superar o complicado contexto

 O XIV Festival SonRías Baixas é posible grazas ao tesón da Asociación Troula na Banda, ao apoio do Concello de Bueu e da Deputación de Pontevedra e á axuda do Hotel Incamar, de Gadis, de Merc, da empresa de xestión cultural Play Plan, produtora do evento, e de Rei Zentolo, responsable da campaña gráfica. Dende Troula na Banda saliéntase tamén o papel determinante do público, que terá que refrendar un ano máis a “Experiencia SonRías” coa súa fidelidade.

A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, que xa é toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do Estado. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, a organización artella cada ano unha completa programación musical que combina nomes consagrados e novas propostas e ofrécellela aos seus seguidores a uns prezos moi asequibles. A última edición do Festival conquistou o en agosto de 2013 a 12.000 personas con tres días de música, praia e gastronomía, o que supuxo para Bueu unha inxección económica de 830.000 euros, chegándose ao pleno de ocupación hostaleira en toda a comarca. A maioría dos proveedores do Festival son da comarca e máis de 300 persoas traballan no evento, a maior parte, xente da vila.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto