Aberto o prazo de recepción de videoclips para Cans 2017

O Festival de Cans xa abriu o prazo de recepción de videoclips a concurso para esta XIV edición de 2017. Até o 5 de marzo, as bandas galegas poderán presentar os seus vídeos -feitos en 2016 ou 2017- e optar aos premios do xurado e do público. O festival terá lugar do 24 ao 27 de maio.

Domingo 5 de marzo de 2017, 23:59h. Eis o límite para apresentar as obras ao concurso de videoclips, como se pode ver nas BASES DO CONCURSO. Para poderen participar, as bandas deberán ser galegos ou cando menos unha parte dos seus compoñentes ser galegos e o director ou directora do vídeo tamén. A inscrición faise a través do portal web Festhome -nesta LIGAZÓN- e custa dous euros. Haberá un premio do xurado ao mellor videoclip e mais un premio do público. O xurado ha estar formado por profesionais dos ámbitos do cine, do audiovisual, da música, da comunicación e da cultura. Serán anunciadas antes do inicio do festival e a súa decisión será inapelable. O xurado poderá establecer as mencións especiais que consideren oportunas.

Para os premios do público, as votacións efectuaranse mediante papeleta que se dará ás asistentes a cada sesión. Será gañadora en cada categoría (videolcip, curtametraxe, guión, actor, actriz, etc.) a obra coa mellor media aritmética, resultante de dividir a puntuación total obtida en cada sesión entre o número de votantes e sumar despois as medias obtidas pola obra en todas as sesións.

Os premios poderán quedar desertos se algún dos xurados así o decide.

Premio do xurado ao Mellor Videoclip: 500€ e Can de Pedra.

Premio do público ao Mellor Videoclip: 300€ e Can de Pedra.

Lembra consultares as BASES se queres participar.

{fcomments}


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto