Varios festivais galegos optan aos IV Premios Fest

Até 150 festivais estatais optan nalgunha das categorías dos Premios Fest, que este ano chegan á súa cuarta edición. E Galiza conta con varios festivais entre os candidatos. Desde o Resurrection Fest na categoría de festivais de grande formato até outros como o Arteficial na categoría de pequeno formato, pasando polo Revenidas, Son Rías ou Noroeste en diversos apartados. Ademais, Terbutalina aparece na listaxe de candidatos de Mellor Directo, na que se busca premiar os mellores directos festivaleiros estatais de 2017.

Até o vindeiro 10 de outubro podedes votar nesta páxina as distintas categorías. Mellor festival de grande, mediano e pequeno formato, mellor zona de acampada, mellores actividades paralelas, etc. Ademais do voto do público, tamén un xurado fará a súa escolla os días 11 e 12 de outubro para posteriormente elixir os gañadores tendo en conta as dúas votacións. Os premios daranse a coñecer o 25 de outubro no Bilbao Arena, no marco do BIME 2017.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto