Foliada en Nou Barris

O Ateneu Popular de Nou Barris, en Catalunya, celebra esta fin de semana a súa foliada. Desde hoxe até o domingo 8 de outubro as culturas galega, canaria e catalá convivirán nas rúas de Nou Barris.

O Sonoro Maxín hoxe, sexta feira, ou O Jarbanzo Negro na xornada de sábado son dúas das bandas galegas que pasarán pola Foliada do Ateneu Popular de Nou Barris.

Mais non haberá só música e non será só galega a cultura presente. Loita canaria, bailes tradicionais, obradoiros de graffiti ou circo,...até queimada nesta xuntanza autoxestionada por colectivos dos tres países, Galiza, Canarias e Catalunya, que convivirán na capital do que moi logo será un novo estado da Europa. 

Nesta LIGAZÓN podedes ver o programa completo: foliada.wordpress.com


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto