A AC Millo Verde abre o prazo de inscrición do seu XI Concurso de Maquetas

Desde o 15 de decembro e até o 15 de febreiro permanecerá aberto o prazo para se inscribir na undécima edición deste concurso ligado ao festival redondelán. A banda gañadora levará 300 € e a posibilidade de formar parte do cartaz da duodécima edición do festival Millo Verde, que se celebrará en xuño de 2018.

A Asociación Millo Verde abre por un ano mái s a convocatoria para o seu Concurso de Maquetas, un certame que busca ofrecer unha oportunidade a novas proposta s musicais, dirixido a grupos independentes sen disco editado por discográficas profesionais. As bandas poden presentar, até o 15 de febreiro , no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , un conxunto de tres cancións en formato mp3, sexa por enlace a unha páxina de descargas ou adxuntos ao propio mensaxe ( ATENCIÓN: non se admiten enlaces a páxinas en streaming). Do total de maquetas recibidas, a asociación seleccionará un total de 2 grupos que participarán nunha festa - concerto o 24 de marzo que se celebrará na Antiga Feira do Gando de Redondela . Nesa celebración, o público asistente votará polo gañador final, o cal percibirá 300 € e formará parte do cartel do XII Festival Millo Verde, que terá lugar en Redondela os días 7, 8 e 9 de xuño de 2017, mentres o segundo finalista percebirá unha recompensa de 100€ .

Os gañadores serán anunciados por nota de prensa, na páxina web do festival e nas redes sociais. En anos anteriores os o rganizadores recibiron sobre 30 maquetas, e este ano xa veñen recibindo mensaxes de grupos interesados en participar no concurso.


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto