O Esmorga Fest 2018 presenta o seu cartel definitivo

O festival que reúne o mellor do panorama underground estatal celebrarase os días 2 e 3 de marzo en Sarria, Lugo.  WAS, Nudozurdo ou Disco las Palmeras entre as 15 bandas que van formar parte desta edición.

O Esmorga Fest vén de pechar o cartel da edición de 2018. Aos grupos xa confirmados súmanse agora bandas como Presumido, Pálida, Kadettgsi ou FAVX. Únense a grupos que xa foran anunciados, como WAS, Nudozurdo, Mujeres, Disco Las Palmeras ou Cala Vento. A nova edición do festival continúa a ser un referente do presente musical underground e independente no estado. Mantén a súa localización na vila luguesa de Sarria e volve celebrarse no mes de marzo, mais nesta ocasión pasa a ser unha festa de dous días, o 2 e o 3.


O festival é froito do traballo de todo o ano dunha asociación cultural sen ánimo de lucro de Sarria, que ten como único obxectivo traer propostas creativas do eido musical á vila, onde destaca canta poboación toca un instrumento ou pertence a un grupo. As entradas pódense mercar a través da páxina web a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria e no Mercado Street Food de Lugo.

FOTO: Esmorga Fest - David Tombillo


Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto