Un dos últimos concertos aos que asistimos o ano pasado foi o de Wöyza no Salason de Cangas. A cantante de Moaña viña presentar o seu novo traballo, Pelea, que está a ter boa acollida en público e medios especializados a nivel estatal. 11 temas cantados en español onde Wöyza explora ese vieiro que a leva do hip-hop cara ao soul ou incluso R&B. Até a magnífica sala cangueira baixou a nosa compañeira Lety GF desde os altos de Coiro para gozar dunha boa velada musical e de paso achegarnos esta pequena crónica, con fotos e vídeo.
O sábado 17 de decembro GZmúsica andou pola Pontragha. As Bouba Pandeireteiras apresentaban Vinculeiras, o seu primeiro traballo, e até aló foi Lety GF para nos contar todo o bo que alí houbo. Moita pandeideretada, de nenas, mozas e avoas, coa xente do lugar e vidos da contorna arroupando as Bouba na súa presentación. Aquí vos quedan fotos e unha pequena crónica da man da nosa reporteira.
Máis artigos...
- Cool Funeral + Familia Caamagno na Capitol (04/03/16)
- Terbutalina no Labranza de Meiro (12/02/16)
- Zënzar & Ruxe Ruxe no Aturuxo de Bueu (12/12/15)
- Así nos foi na Rebusca de Outono 2015
- Vento Rock (17/10/15)
- Venres tranquilo e sábado de furia no Reper 2015
- Odaiko no Aturuxo (17/08/15)
- V Son das Mámoas (29/08/15)
- Boimorto, un Ford Escort e unha vendima tarda
- Festa Folc de Vilariño 2015 (15/08/15)
- III Som do Trega (06/08/15)
- Rockin'Vila 2015 (06/08/15)
- Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (22/07/15)
- PortAmérica 2015 (17/07/2015)
- Bouzas-A Guarda-Zamáns. Crónica dunha andaina musical