5 horas de rock galego na Nasa

Xoves 20 de marzo. 10 da noite. Mentres o calendario dicía que encetaba a primavera do 2014 e o orballo e a friaxe caían sobre a rúa de San Lourenzo en Compostela, Barbitúricos, O Leo e Zënzar agasallábannos con 5 horas de música, amizade e paixón na Sala Nasa. Apañamos as cámaras e aló fomos. Eis a nosa crónica, fotos e vídeo.

Ler máis...

Gran noite metaleira cos Machina no Aturuxo

'A Síndrome de Nerón' aterrou o pasado sábado 22 de febreiro en Bueu. Machina chegaron até a vila do Morrazo para mostrarlle ao público do Aturuxo o seu novo disco. Deixaron un directo de hora e media, contundente, traballado, que satisfaceu e que veu demostrar que os de Cerceda manteñen o bo momento que os fixo merecentes do Premio 'Martín Códax' na categoría Metal no 2013. Aquí tedes resumo en vídeo, fotos e crónica.

Ler máis...

Dakidarría rebenta a Sala Máster no comezo da xira 2014

Dakidarría arrancou a xira de celebración dos seus 10 anos de vida, '10 anos na rúa', cun concerto en Vigo, na Sala Máster, o pasado 15 de febreiro. Para a ocasión, convidou a Los Kualkiera e a Liska a compartir escenario. Sala ateigada, con todo vendido en adiantada, e grande ambiente para unha boa noite de punk-rock e ska. Vídeos, crónica e fotos no interior.

Ler máis...

Os Novos e Os Barbituricos, ao vivo no Rockin'swing

O pasado sábado 8 de febreiro cruzamos a ría para nos achegar até Vigo. O motivo era a presentación de dúas bandas compostelás que prometían: Os Novos e mais Os Barbituricos. Punk, rock, Samesugas, Ruxe Ruxe, Xenreira,...as referencias de estilos e experiencias dos músicos que compoñen estes 2 tríos apuntaban a nunha noite de bo punk-rock do país. E así foi. Vídeos do concerto no interior.

Ler máis...

Narf Trío no Aturuxo. Crónica, fotos e vídeo

O pasado sábado 18 de xaneiro, o Aturuxo acolleu un dos concertos da xira de presentación de 'Nas tardes escuras', o último traballo de Narf Trío. Electricidade e rock para os versos de Rosalía de Castro, nun cóctel arriscado que remata deixando un gusto exquisito no padal. Crónica, vídeo e fotos da actuación de Narf Trío en Bueu.

Ler máis...

Crónica apresurada dun concerto no patio da prisión

O García Mc anda por Chiapas. Non é a primeira vez que o membro de DKTC visita a Selva Lacandona e de alí trouxo -alén de amizades e músicas como a de Lengua Alerta- o compromiso coa loita dos pobos indíxenas e do EZLN. Unha loita que pode semellar afastada de nós, e por moitos motivos, mais que no fondo é a única que existe. A d@s de abaixo contra os de arriba. Abaixo e a esquerda, aló sitúase de sempre o Mc de Ordes e desde ese mesmo lugar fixo esta crónica. Crónica apresurada dun concerto no patio da prisión, San Cristóbal de las Casas, Chiapas, México.

Ler máis...

Un anaquiño do Ventorock

A nosa reporteira festivaleira non ten paraxe! Despois de andar de troula por Chantada a comezos de mes, achegouse até o Vento Rock a pasada fin de semana. Unha outra cita festivaleira pola que pasaron entre outros Liska! e Trapos Sucios. Vento Rock 2013: Crónica e fotos de Lety GF para GZmúsica.


Ler máis...

Castañazo Rock 2013: Crónica e fotos

Alá van xa vinte días da úndecima edición do Castañazo Rock. Até Chantada, desprazámonos case toda a equipa que fai GZmúsica, para gozar cunha das festas senlleiras da música galega. Ademais, este ano celebrábase o primeiro aniversario da FEGAFE, e xa o venres houbo unha previa no Besto Bravo de Chantada, cos Maskarpone póndolle música ao aniversario da Federación de Festivais. Velaquí tes unha ampla reportaxe con vídeos e fotografías, -aínda non publicadas-, e a crónica de Lety GF do que deu de si este ano a fin de semana do Castañazo.

Ler máis...

Crónica e fotos Minho Reggae

Seguimos tentando poñernos ao día co traballo que nos quedou atrasado! Tamén o pasado mes de setembro nos achegamos até o Espazo Fortaleza de Goián, ao festival Minho Reggae. Había que comezar o mes con boas vibracións, máis o adiantalo unha semana respecto a edición anterior, fomos un pouco de rebote a última hora. Os videos xa volos amosamos vai un tempo, mais agora deixámosvos unha crónica e mais dun cento de fotos.

Ler máis...

Crónica, fotos e vídeos do Son das Mámoas

O pasado 21 de setembro algúns gzmusiqueiros achegamonos ata Candeán a 3ª edición do festival Son das Mámoas. Hai uns días publicabamos un vídeo resumo das actividades de día do festival no apartado de vídeos desta mesma web. E aínda que sexa con un pouco de retraso aquí vos deixamos un cento de fotos e uns vídeos dalgunhas das actuacións.

Ler máis...

Máis artigos...

Páxina 9 de 22

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto