Noite de festa na Verbena das Irmandiñas

A mediados do pasado mes tivemos a oportunidade de ver por primeira vez a verbena das irmandiñas na sala Rebullón de Mos. Xa viramos as catro bandas que a compoñen con anterioridade, pero nunca ate agora xuntas.

Esta era a segunda actuación das Irmandiñas xuntas, e nós pasámolo como ananas. Puidemos parolar con elas e coñecer o porque desta xuntanza, vós tamén podedes facelo nun dos vídeos que vos traemos. Pero coñecer estas razóns tamén nos deu para pensar, pois non entendemos a razón polas que moitas bandas do país non se atopan en moitos cartaces de festivais e verbenas nos pobos do país, ou porque sempre topamos os mesmos nomes.

Encántanos achegarnos ate esta sala, pois sempre somos ben recibidos e independentemente de que haxa máis ou menos xente sempre gozamos nela. Esta vez non ía ser menos. Xa dende antes de que deran comezo os concertos notábamos que a xente se comezaba a achegar e aló polas dez da noite deu comezo a verbena.

A orde de actuacións foi a perfecta, pois con cada banda que se sucedía o baile e a festa ía increchendo. Comezaron abrindo a noite as Oîma, banda que tropezamos por casualidade o pasado ano na Praza do Toural de Compostela e xa nese día quedamos con bo sabor de boca. Banda de poucos compoñentes, pero a que non lle falta nada. Un bo prato de folk para ir abrindo a noite.

alt

Tras elas viñeron as Habelas Hainas, coas cales si tropezamos máis a miúdo  nalgunha festiña. Con elas a parte do baile tamén nos puidemos arrincar a cantar e ambiente comezaba a caldear.

alt

Para que o baile non cesara viñeron dende Ourense para encher o escenario The tetas´van. Xa facía uns aniños que non tropezábamos con elas, pois xa choveu dende aquelas festas do monte da Guarda, polo que moito do repertorio de versións que nos traían pareceunos novo. O bo que ao ser versións, podes non saber as letras, pero os ritmos destas míticas versión todas as coñecemos para botarlle uns “dancings”.

alt

Xa máis de media noite marchara e os concertos se nos estaban a facer moi curtos, coma un chiscar de dedos ía pasando unha banda tras outra. Pois xa viñan pechar a noite Sacha na horta. Pouco temos que dicir pois vai uns meses aínda as pódechedes ver na entrega de Festivaleiros gravado na última edición do festival da poesía de Salvaterra, e sería bastante difícil poñerlle unha etiqueta a esta banda. Pero con elas cremos se deu o punto máis álxido da verbena.

Tanto foi así, que para un novo tema en conxunto que nos trouxeron, aínda non dera comezo e o público xa estaba entregadísimo. Toda unha festa en baixo e enriba do escenario para pechala noite que continuou un rato máis coa “foliada” improvisada polos asistentes. Deixámosvos algunhas das compoñentes da verbena falándonos do proxecto, así como o tema en cuestión, o que hai que dicir que nunca ensaian, maila para ser a primeira vez que o facían quedamos ben a gusto con el.

Tamén para que vos fagades unha idea do que escoitamos, deixámosvos un vídeo con unha canción de cada unha das bandas que participaron esa noite. Cabe mencionar que son gravadas con son ambiente e algunhas delas non lle fan xustiza a realidade. Así é que dádelle o play e escoitade entre outras a “Media calada” das Habelas ou o “Caldo” feito coa Horta da casa.

Texto: Lety GF
Vídeo: C.Gende e Lety GF

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto