Quempallou no Aturuxo, presentando "Vellas novas"

Xa vos falamos o outro día do novo traballo dos Quempallou. Esta fin de semana de abril tocaba comezar coa apresentación do novo traballo e o Aturuxo de Bueu foi o lugar escolleito para continuar cunha xira que encetaran o día anterior no Liceum do Porriño. Non se encheu a sala como outras veces para ollar este grupo, -o día non habitual para o Atu e a "competencia" con outros 4 concertos á mesma hora entre Cangas e Bueu non axudaron moito-, mais o ambiente era festeiro. Presentaron tamén o Xornal Quempallou onde GZmúsica puxo o seu graíño de area. 

No interior deste artigo poderás ver algunha foto do concerto.

Malia non encher, xa vos dicimos que o ambiente era o das grandes ocasións. Seareiros a bailar, a cantar e tamén a tocar, pois o concerto rematou en foliada onde as amizades subiron ao escenario para lle botar unhas pezas cos Quempa. Abonda dicir que os nosos correspondentes marcharon do Aturuxo á 1:30 da madrugada e as gaitas continuaban a soar.

E para o que desde logo valeu este primeiro concerto de presentación de Vellas Novas, (Zouma Records, 2012) foi para comprobar que o grupo segue a estar en moi boa forma. Seguen a soar ben. Seguen a saber transmitir a súa forza desde o escenario. Seguen a saber ser doces cando cómpre e contundentes cando non hai máis remedio. Seguen a ser Quempallou.

Aquí vos deixamos unhas fotos do concerto.

imageimageimageimageimageimage



Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto