As Nosas Musicas de Couso

A Asociación A Xesteira presenta un ano máis, e xa van 17, o cartel do Festival As Nosas Músicas que se celebrará en Couso (no concello da Estrada, en Pontevedra) o próximo 14 de agosto.

Dentro do seu programa haberá obradoiros, actividades para nenos, mozos e non tan mozos, ruada, concertos e moitas sorpresas. Actividades para todos durante todo o día, toda a noite e ata ben entrado o día.


Nesta edición, e logo do éxito e do seguimento  de alunnos acadado o ano pasado cos OBRADOIROS, voltan organizalos.  


OBRADOIROS (é necesaria inscrición previa))
Obradoiro de Xogos tradicionais para todas as idades (XANDOBELA)
Obradoiro de iniciación ao baile tradicional galego (Carlos Xosé Vidal)
Espazo para a música e o baile tradicional, CON PANDERETEIRAS E BAILADORAS DE MONDARIZ E PAZOS DE BORBÉN aberto a todas e todos.

CANTAS CONTAS? OBRADOIRO DE COLARES PARA O TRAXE TRADICIONAL

Un obradoiro práctico, bonito e lucido (luciredes e camparedes co colar que fagades!!). Bolas facetadas, troqueladas, agullas, torzal... todo o material está incluído no prezo, só vos tedes que preocupar de escoller entre abalorios dourados ou prateados no momento da inscripción, en función dos vosos gustos, do sapo ou pendentes que teñades... Por certo, se tedes un sapo e queredes engarzalo no voso colar, lembrádevos de traelo!

 Horario: 10:30-14:00

Prazas: 15

Prezo: 15€

Docente: Berta Gómez

 

A PANDEIRETA NA PROVINCIA DE LEÓN 

Con David, experto coñecedor do folclore leonés, achegarémonos ao manexo da pandeireta nesta provincia veciña, e tamén limítrofe con Galicia en zonas onde atopamos confluencias nos xeitos para o canto, o baile e o tanxer da pandeireta e estes se mesturan (Ancares, O Bierzo e La Cabrera). A pandeireta ten no folclore e na música tradicional leonesa un papel de importancia capital, para o canto e o baile, como en Galicia. Tamén na confluencia coas veciñas de Galicia Asturies e Zamora ten a pandeireta leonesa elementos comúns. David levaranos pola Maragatería ou Omaña, Babia e a Montaña Oriental, se cadra ata o Aliste zamorano, agarrando a pandeireta coa man esquerda e batendo nela coa dereita…

Horario: 10:30-14:00 e 16:00-18:00

Prazas: 20

Prezo: 15€

Docente: David Omaña

 

 INICIACIÓN Á AFINACION E TEMPERO DA GAITA

Dixido a todos aqueles que vos iniciades no instrumento ou que queredes mellorar a vosa técnica de afinación e tempero. Con Antón Varela, construtor de gaitas e gaiteiro, traballaremos a afinación da gaita a través dun sinxelo método e coa axuda do seu artiluxio de auga e aire para acadar sons afinados e temperados e melodias e ritmos gustosos ao oído. Se queredes quedar cun dos artiluxios de Antón, lembrádevos de indicalo no formulario de inscrición.

Horario: 16:00-18:00

Prazas: 15

Prezo: 10€

Docente: Antón Varela

 PANDEIRETA 4 x 4: OS XEITOS DA PANDEIRETA TRADICIONAL  EN GALICIA

Jota ou pateado? Moiñeira ou ribeirana? Muiñeira vella ou empuñada? Riscado ou puntiada? Rumba ou danza?… hai moitas máis preguntas e a moitas delas responderemos “depende”. Carlos leva anos investigando, ensinando, tocando e bailando. Con el poderemos traballar sobre estas e outras moitas cuestións, arredor dos xeitos de tocar a pandeireta e de cantar na musica tradicional galega, dando conta da necesidade de pararnos con elas e do relacionadas que están cos xeitos para o baile. Nun percorrido intenso pola pandeireta en Galicia atoparemos todo isto e ainda mais: coplas a tres versos, pandeireta tocada a man esquerda, empuñados, riscados, toques a man aberta…

Horario: 18:00-21:00

Prazas: 20

Prezo: 12€

Docente: Carlos Álvarez

 

 ACTIVIDADES (acceso libre e gratuíto)

 

17:30-19:30 A XOGAR: DE TROULA EN TROULA

19:30-21:00 PASEO, PUNTO, VOLTA

21:00 RUADIÑA HAINA HAINA


Os concertos! (a partir das 23:00)

 

Retrouso (Ouzande – a Estrada)

 

Os Cempés (Ferrolterra)

 

O Ghusto do Boi (Boqueixón)

 

Vai de Roda (Rianxo)

 

Zurrumalla (Vigo)

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto