Dez anos de Mundo Vermello

O Mundo Vermello leva xa 10 anos mudándolle a cor ao mundo. Primeiro en papel e con frecuencia bimensal, despois en edición dixital, a revista leva unha década artellando unha alternativa aos grandes medios de comunicación. E tamén durante unha década, Mundo Vermello vén celebrando o seu Festival indie-rock alternativo en Vilagarcía de Arousa. Esta décima edición terá lugar o vindeiro sábado 30 de Marzo en Vilagarcía de Arousa e actuarán Gonzalo Arca, Borderline 79, Cazador, Moonich e Telephones Rouges.


Mundo Vermello é unha revista que pretende transmitir unha visión diferente da realidade. Nun mundo terriblemente mediatizado, moita xente busca alternativas informativas para poder compensar a presión dos grandes medios de comunicación. Foxen do sensacionalismo, da política maniquea e tentan chamar a atención sobre temas relacionados coa muller, a natureza, a defensa dos dereitos humáns, os dereitos laborais ou a inmigración. Durante tres anos, Mundo Vermello foi unha revista en papel bimensual. Máis tarde a revista transformouse nesta publicación dixital.
Desde Mundo Vermello gostan da música feita no país, e van xa pola 10ª edición da súa Festa Mundo Vermello, -pola que pasaron bandas como Som do Ghalpóm, Kogito ou Triángulo de Amor Bizarro-, que terá lugar este sábado. Ademais, teñen publicado un disco compilatorio, Anacos Vermellos, dispoñible na súa web, con temas dalgunhas das bandas que pasaron polo seu festival.

Videocartel

Horarios X Festa Mundo Vermello

22:00 - GONZALO ARCA
23:00 - BORDERLINE 79
00:00 - CAZADOR
01:00 - MOONICH
02:00 - TELEPHONES ROUGES
03:00 - DJ BAO



Entrada de balde
Prezos populares en barra




Sábado 30 de marzo ás 22 horas
Praza da Peixería
Vilagarcía de Arousa




Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto