Concertos "a ceo aberto"

O pasado 31 de maio achegámonos até Carballo. Desta volta o evento organizábao a Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños. Un xeito ameno de tentar facerse escoitar e achegar a máis xente un grave problema. Un modo de empregar a cultura musical da Galiza para dicir que NON á mina de Corcoesto. Nin recheos nalgunhas rías, nin contaminación e refugallos noutras. Algún queremos (tanto para nós como para os nosos veciños) seguir a respirar aire puro. Xa bastante contaminación temos ao redor debido ao noso ritmo de vida. Non queremos unha contorna cheo de arsénico e cianuro, nin poñer en xogo o sector agrogandeiro da Galiza por unhas poucas quiladas de ouro!!! Se queredes máis información podedes contactar en www.facebook.com/contraminate.

Pero como isto é unha web de música imos ao que debemos. Os concertos previstos para as nove e media comezaron cun pouco de retraso. Máis non hai queixa ningunha, posto que poidemos gozar dunha última incorporación que non estaba no cartaz. Esta incorporación de última hora que se encargou de abrir a xornada foi a de Lydia Botana, aka Bolboreta Purple. A polifacética artista cullerdense comezou o concerto coa canción "Parlare", pero entre outras tamén amosou unha versión do mítico "No woman, no cry", da canción galega "Eu chorar chorei" (no vídeo), e acompañada por Bocixa e Paco dos Zënzar versionaron "O mundo ao revés" da propia banda cercedense. Paco acompañouna algúns temiñas máis, entre eles nalgúns de colleita propia como "Canción da paciencia" e a de peche "Quen nos queima" na que tamén foi invitado a acompañalos Manolo (Zënzar).

A evento tamén contou con presentador, algunhas grazas eran mellores ca outras, pero dende logo é de agradecer, así non hai tempos mortos entre grupo e grupo faise máis levadeiro e ameno.

Tras a imprevista actuación, era o momento doutros artistas. Non sei porque pero aínda que o cartaz xa poñía Ses&Leo, a xente sorprendeuse o ver a actuación conxunta no escenario. A parella interpretou tanto cancións de un coma do outro.  Comezaron con "Si se calla el cantor" de Sés, que estando na súa terra estaba arroupada pola súa xente. Tamén interpretaron "Tempestades de sal" e "Boto en falta unha ilusión" da mesma. Do repertorio do Leo i Arremacághona escolleron  a versión de "The partisa" do seu tocaio Leo Cohen, outra dos Clash, "Bilingüismo harmónico" (no video), e a "Canción Popop". Descoñezo se prepararon a actuación, xa que nalgún momento faltaba un pouquiño de compenetración, máis así e todo deron un divertido espectaculo.

Tras eles convidaron a Séchu Sende a leer o manifesto, que trouxo consigo unha rosa en representación da flora que quedaría destruída de levar a cabo este proxecto.

E chegaba o momento de darlle algo máis de caña a noite e escoitar un pouco de hard rock. Por primeira vez poidemos ver a banda de Ordes N.O.M. (Nova Orde Mundial). Os compoñentes veñen de traballar noutros proxectos como Kästoma, Chicharo Psicótico ou Elektróxeno. Comezaron con "Sen vida", pero tamén interpretaron "N.O.M.", "Non somos deus" ou "Berros de pedra" (no vídeo).

Para non entrar en monotonía de estilo, outro cambio de terzo. Era o momento do folk tradicional galego. Con máis de doce anos de traxectoria subían ao esceario Quempallou. Os nativos de Bueu e do Incio viñeron traer pasodobres, rumbas e muiñeiras para que os seaeiros bailasen as súas pezas, mais tampouco esqueceron as mensaxes de compromiso social. O mesmo adicaban unha canción ás costureiras á vez que criticaban o empresario (responsable de explotación laboral neste e noutros países) Amancio Ortega, que pedían que chovese! máis que non mexasen por riba de nós. Aínda que non sei para que cantaban que chovese, porque aínda que fose poalla e choiva miúda non parou de cair en toda a noite. Máis pese a todo houbo ben xentiña, o mirar ao redor todo eran paraugas e carapuchas! Así que alí seguiu o público resistindo até case o remate da noite.

Despois  de que pasase o afectado Suso Lista a dar a súa visión do proxecto, chegaban os Zënzar para poñer o peche a noite. Como é habitual nesta banda trouxeron consigo uns cantos colaboradores. O gaiteiro Xosé Manuel Ares, a cantante e neste caso acordeonista Lydia Botana e o cantante, tamén cercedense como a banda, Xenderal para os temas "O galego" e "A forza da palabra".  Entre o moito repertorio que teñen para escoller quedaron entre outras con "Dálle", "O padriño", "O reverendo", "Teño unha casa no cemiterio", "Atake masivo" (no vídeo), "A tribu", "Arrastrado" e "Tiven un bar". Chegado a fin, aínda que marchaban, deron a volta para tocar outro anaco, porque o publico que quedaba quería máis! Pero a cousa non deu para moito máis e a iso das 3 da mañán rematou o que se daba!

Aquí vos queda un vídeo resumo dos concertos:

E aquí, fotos dos grupos que pasaron polo escenario en Carballo. Lembra que nas iconas da parte superior podes velas a pantalla completa ou escoitar un temiña, neste caso de Sés, mentres as ves:


Se tes problemas para ver as 72 fotos, (só ves 15), preme nesta ligazón

Vídeo, texto e fotos: Lety GF


Non podes engadir comentarios

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto