Derrame Rock 2013. Crónica e fotos

GZmúsica enviou Unidade Móbil ao Derrame Rock. Lety GF estivo aló disparando a súa cámara para nos achegar dous centos de fotos que son un bo resumo do que aconteceu en Bemposta. Aquí tedes slideshows cunhas 10 fotos cada unha das bandas que foi ver a nosa reporteira.

A derradeira fin de semana de xuño achegamonos ata Bemposta ao Derrame Rock 2013. Tras moito dubidar se ir ou non polo imprevisto cambio de localización alá fomos.

É de agradecer o feito de que a montaxe do festival incluíse carpa, se non habiamos de morrer co sol. Feito que case se dá na edición de hai dous anos, cando se fixera en Expourense e se chegaron aos 43 graos, este ano por sorte andou rondando "apenas" os 33.  Mais o de estar tragando pó o longo de dous días...tira moito para atrás, e máis se temos en conta que a venda de entradas comezou coa localización do ano pasado, supostamente en Oira. Nas 3 horas que pasamos sentados o lado das taquilla poidemos escoitar algunha persoa queixarse de que mercara un determinado tipo de entrada (posto que as había con camping, sen camping, con hotel, con espazo para caravanas) en base á localización que lles venderon inicialmente, e ao chegar alí atopáronse con que non podían facer un cambio nin lles facilitaban moitas solucións. Imprevistos que supoño terá máis que ver con permisos e política que coa organización. Mais esperamos para outro ano teñan as cousas ben atadas antes de comezar a vender algo que despois non vai ser. Xa que a localización da edición anterior en Oira, visto como público, fora ideal, nin miga de terra que tragar, a opción de refrescarse na piscina... vamos pra ser un festival faltáballe a carpa para evitar os raios do sol directos sobre un a máis de 40 grados e case sería un paraíso!!!

Como veredes nas fotos  faltan máis da metade dos grupos do primeiro día... Mais aínda que chegamos aló a iso das 8 da tarde ata 3 ou 4 horas despois non poidemos acceder o recinto de concertos, por problemiñas dun compañeiro coas listas. Por iso aproveitamos esta anécdota para dar as grazas á moza da taquilla de embaixo que moveu o cú pra solucionarlle o problema, se non non habiades de ter ningunha foto do primeiro día, posto que somos un equipo e aquí ou xogamos todos ou pinchamos a pelota!

As fotos non son as do noso fotografo preferido, que desta volta non foi, pero teredes que conformarvos. Por outra banda tamén me gustaría traer comigo algunha foto dos Suaves dende perto, ou algunha mellor da Pegatina, Costas, o Skalari ou Def, e incluso algunha de Aitor dos Lendakaris tirándose ao público, pero... o acceso para facer fotos era nos dous, nalgún caso tres primeiros temas de cada grupo, así que por unha banda tendo en conta o escaso material fotográfico do que dispoño, pois isto non dá un duro para comer ou melloralo e que non poidemos empregar o recurso de esperar a un tema que teña unha luz adecuada para as fotos ou un momento no que a banda "a parta polos catros costados" isto foi o que poidemos traervos.

Por contarvos algunha cousiña das bandas, os membros de GZmúsica que por aló andaban coinciden en que Terbutalina como peche a bordaron. Aínda que xa os vimos unha chea de veces, desta vez víaselles incluso con máis forza que de costume.

Cos Gandules, que por certo non coñeciamos, rachamos a rir un tema tras outro, máis que co Reno Renardo.

Con outro grupo que desfrutamos foi con Juantxo e a súa Rude Band, máis como non facelo...? Acaso alguén aguantaría quieto escoitando todolos temas máis míticos de Skalariak.

Escoitamos por primeira vez a grupos como Agnostic Front, Morphina (este creo poderíalles gustar os seaeiros de Söber) ou Maskarpone.

Pero tamén repetimos con grupos galegos que estamos acostumados a ver como Skarallaos ou Compañía do Ruído .

Tamén bailamos de raio coa Pegatina, mais sigo pensando que abusan do recurso tirar papeliños durante o concerto. Xa sei que moitos discrepades con isto, pero cando é de sorpresa nun momento determinado sorprende, cando se emprega a miúdo e tantas veces no mesmo concerto perde esa ilusión.

En Alamedadosoulna botei en falta algo máis de presencia femenina no escenario, non sei se é por abandono do grupo ou porque xa non contan con ela entre as súas liñas.

Non foi a única falta, tampouco vimos o gaiteiro de Boikot, máis si vimos con eles enrriba do escenario a Aspy dos Bastards On Parade.

Outros concertos como Boikot, Narco, Segismundo, Def Con Dos ou Lendakaris Muertos estiveron ben, mais os que os sigades xa sabedes como son os seus directos, sempre potentes! Tan potentes que teriades que ver a cara de mala leche dalgún segurata cando Aitor dos Lenda se tira e se mistura co público, pero como non facelo se sempre é parte do show.

O festival tamén contou con un par de grupos que debe de facer moito que non ven unhas tetas...sobre todo os Mojinos Escozíos, ou cando menos usábano de excusa para continuar cos últimos temas do concerto.

Como vedes non se fala nada dos Podridos, Ruxe Ruxe, Reincidentes, Porretas, os Bastards...pero é que non chegamos a tempo! Foi unha mágoa...

Pero para rematar sen dúbida os que o petaron foron os Suaves. Dende logo non sei se porque era en Ourense, pero en ningún momento do festival estivo o recinto tan cheo. Se queredes saber como foi este concerto estade atentos que sabemos que se gravou para empregalo nun documental arredor do histórico grupo ourensán, pero non temos máis información.

Bueno e xa está ben de falar... se queredes vede as fotos que nos xa imos ir pensando no seguinte festival!

Orde dos grupos nas fotos: Agnostic  Front, Alamedadosoulna, Boikot, Compañía do ruído, Costas, Def con dos, El Reno Renardo, Juantxo Skalari, La Pegatina, Lendakaris Muertos, Los Gandules, Los Suaves, Maskarpone, Mojinos escozios, Morphina, Narco, Segismundo Toxicómano, Skarallaos e Terbutalina.

Agnostic Front

Alameda de Soulna

Boikot

A Compañía do Ruído

Costas

Def Con Dos

El Reno Renardo

Juantxo Skalariak

La Pegatina

Lendakaris Muertos

Los Gandules

Los Suaves

Maskarpone

Mojinos Escozíos

Morphina

Narco

Segismundo Toxicómano

Skarallaos

Terbutalina

Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto