Revenidas 2013: Primeiras impresións e un par de vídeos

Vilaxoán de Arousa foi a capital da música do país. Do 18 ao 20 de xuño, o Revenidas 2013 celebrou o seu décimo aniversario cunha proposta protagonizada pola música galega (Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Martelo, A Compañía do Ruído, Narf,...) e adobiada con interesantes propostas foráneas (Zuloak, Obrint Pas,...). Estivemos aló e ao longo dos seguintes día iremos subindo cousas sobre o festival á web. Velaquí as primeiras impresións e un par de videos: Leo coas traballadoras de Cuca e mais O Caimán do Río Tea.


Alá foi a décima edición do Revenidas de Vilaxoán. Quedamos cun regusto magnífico no padal e co corpo derreadiño de todo despois de case 72 horas de música, baile e festa. Xa o iremos contando devagar, pero podemos afirmar que todo: o público, o ambiente, a organización e as bandas puxeron o mellor para armar unha esmorga das que pasan a historia. Desde logo, houbo grupos que gustaron máis e outros menos, pero en xeral as e os asistentes marcharon do Revenidas contentos. Para comezar, así nolo manifestaron persoas do público e puidemos constatalo nós, non nos trataron coma ao gando. Ademais, os grupos deron o mellor de si no escenario, en moitos casos mellorando -e moito- respecto dalgún concerto que lles tiñamos visto este ano. E nesas dúas cousas ten moito a ver unha organización que fai o seu traballo con agarimo. Axiña subiremos máis cousas, pero deixámosvos estes dous videos para comezar.

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto