III Oubeade. Crónica e fotos

En GZmúsica seguimos a percorrer festivais polo país adiante. No último mes estivemos no Sons da Lameira, OuBeade, no Revenidas e no AntrosPinos. Do festival de Vilaxoán xa vos adiantamos algúns vídeos e esta semana haberá crónica. Tamén do AntrosPinos. Pero antes deixámosvos a nosa experiencia no OuBeade, que transcorreu entre o 11 e o 13 de xullo no parque forestal da parroquia viguesa de Beade.  Até alí subiu Lety GF o sábado e aquí tedes as súas fotos e a súa crónica.


Case a mediados do mes de xullo celebrouse a terceira edición do festival Oubeade. Coma todos os anos no parque forestal de Beade, grazas o apoio da comunidade de montes da parroquia. Este ano evento constou de 3 xornadas.

Comezaba o xoves 11 a iso das 9 da tarde cuns estilos que estamos pouco habituados a ver en festivais. Dende Vigo pasáronse polo escenario os grupos Strangled with Guts co seu grindcore e Carcomedhi para tocar un pouquiño de crust. Tamén dende Tui deixáronse ver os metaleiros  Blast Off e o Frenopatiko Power Pachanka. E para rematar Loita Undergroun Sound System.  Segundo a propia organización quedaron moi contentos con esta primeira xornada, xa que contou cun bo publico. Incluso mencionaron o gran apoio a barra e o coidados que foron os asistentes que non lles deron traballo coa limpeza da zona.

O venres 12 mudou un pouco o estilo e poidéronse ver grupos como Caldo de Cultivo que se achegaron dende Pontevedra para tocar un pouco de rock & roll, dende Vigo os harcoretas Rojo Dos, dende a Estrada Mutant Squad para dar un pouco de caña con trash metal e  os vigueses Beer Seekers co seu rock da antiga escola.

Nos só poidemos acudir o sabado 13. Cando chegamos xa actuaran @s pandereteir@s do Faneko e estaba o Señor Garavata Torta. Algúns nen@s atopabanse saltando e xogando nos colchóns hinchables e outros desfrutando duns obradoiros como podedes ver nas fotos, tamén se deixou ver o Pallaso Tururú que aparte de entreter os máis cativos trouxo consigo para amosar a xente o 1º número da súa revista Semaforo en Rogho.

Cara a tardiña, Pelepau, que estaban na súa casa déronlle á percusión folk a vez que amosaban as súas voces. Despois dun breve descanso de tanta cousa a música seguía coa Fanfarria Taquikardia, mentres uns ían bailando detras deles outros aproveitabamos para papar un bocata antes de que comezaran os concertos do escenario. E por certo... boísimo o de xamón asado con queixo!!!

E xa chegaba o momento de que ocuparan o esceario por moitas horas. Os primeiros foron os de Vincios Ladrillo Tabikón, co que definen como punk espasmódiko, espasmos non tiñan pero algunhas letras moi coñeras dende logo que sí.

Despois os de Ponteareas Skandalo GZ dábanlle un condimento a medio camiño entre o ska e o rock, que non se esquenceron de lembrar que o Festival das Brétemas precisa axuda e ten unha campaña en Verkami. Poidemos escoitar entre outros temas "anti fascistas", "os fuxidos da guerra civil", o himno anarquista, "Un joven obrero", "Licor Cafe" ou "Lume".

E tras os de Ponteareas tocábanlle aos da casa. Os Podridos viñan co seu rock podre a celebrar o seu XX aniversario. Repasaron dende os temas máis antigos ata os máis novos, e foi un desfile de compoñentes, xa que pasaron colaborar todos os membros que algún dia estiveron no grupo. Para os que non coñezades  ou se vos quedara atrás algun compoñente presentámosvos as diferentes formación na orde que foron saíndo. Para abrir este aniversario sairon Suso á batería, Pipo e Rober as guitarras, Pitufo o baixo e Franky a voz. Logo marcharon Pitufo e Franky para que viñera Martini Racing a ocupar el só o sitio dos dous. Non tardou nada en achegarse Petete para facer soar as teclas, que despois cando viñeran os ventos cambiaría por unha guitarra. Os ventos que consta de tres trombóns son Fran, Salva e Chiru. E xa para rematar e ver a formación actual da banda marchou Martini que deixou o baixo a Edu e a Angel como voz.

O último grupo foron os vigueses Kogito, que se encargaron de poñer un acento algo máis reggae e cheo de ska. A banda que tamén conta con algún cambio respecto a formación orixinal fíxonos bailar con cancións como "Moza!", "Tipo feliz", "Automata", "Outra birra" ou "Golpe de sorte", e nuna temiña poidemos desfrutar da vos dos dos cantantes xuntos, cousa xa pouco habitual.

No que remataron estes vigueses tomou os pratos Do Pe Selekta, pero se queredes saber máis deste selector ides ter que ir velo porque aquí a menda lerenda xa ía de retirada, en parte igual debido a enchenta inxesta de liquido, xa que se non os máis... andará a pre cos prezos máis populares de consumicións en festivais.

Moita sorte o festival, que se siga facendo por moitos anos máis!!!

Fotos dos concertos



Fotos e crónica: Lety GF


Engadir un comentario


Código de seguridade
Recarregar

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto