Crónica, fotos e vídeos do Son das Mámoas

O pasado 21 de setembro algúns gzmusiqueiros achegamonos ata Candeán a 3ª edición do festival Son das Mámoas. Hai uns días publicabamos un vídeo resumo das actividades de día do festival no apartado de vídeos desta mesma web. E aínda que sexa con un pouco de retraso aquí vos deixamos un cento de fotos e uns vídeos dalgunhas das actuacións.

Coma noutras edicións o evento deu comezo na sesión vermú, con foliada e obradoiros para os máis pequenos e a oportunidade de papar un churrasco. Máis non non chegamos ata media tarde.
Cando chegamos xa nos atopamos cuns artistas decorando as paredes da entrada ao recinto e con Cristal Arts pinchando ao carón deles. Logo ao acceder o interior do recinto sorprendíannos con unha exposición de diferentes obras de artistas dos arredores, a vez que se celebraba unha jam de graffitis e breakdance.
Xa contra a tardiña a compañía morracense Codia e Miolo encargabanse de entreter os máis pequerrechos, para logo deixar paso a xente do local social Faísca coa representación "Saxo Tenor" baseada na obra de Roberto Vidal Bolaño.

Practicamente enganchando coas actividades de día daba comezo a primeira das actuacións musicais. Abría esta xornada o García Mc, xunto con DJ Mil dándolle aos pratos. Aqui vos deixamos un par de temiñas para os que non vos poidestes achegar.

Despois tomámonos un breve descanso para ir encher o bucho, por iso tedes que perdoar que non haxa nengunha foto dos gañadores do concurso. O grupo Solfabirras. Pero malo será que outro día non vos poidamos contar algo do seu directo.
Cando voltamos ao recinto xa se atopaba no escenario a banda de Andrelo, da que, por se non os vistes, xa vos achegamos un vídeo cando fomos ao festival Antrospinos.
Logo dende Ponteareas chegaban Skandalo GZ. Viñan quentar motores para a finde seguinte xogar na casa no Festival das Brétemas. Detes tamén vos trouxemos unha canción en defensa da nosa lingua.

Entre grupo e grupo poidemos desfrutar a pé de público de Fanfarria Taquikardia, na que tamén vimos algunha antiga cara desta banda. Que por certo, adiantámosvos que nas próximas actuaccións de Skandalo poderedes ver algún compoñente novo.
E chegaba o momento dos de fóra. Dende Gandía, e por segunda vez na súa traxectoria, a banda La Raíz pisaba Galiza. E os que esperabamos dende hai anos unha oportunidade para velo seu directo non quedamos defraudados, posto que o directo soa tal cual os seus discos.
E saiu de novo a Fanfarria de entre o público a amenizarnos o transcurso ata que saira a última banda da noite. Os Chotokoeu. Destes tamén vos trouxemos un anaquiño. Anaco porque destes coruñeses temos a oportunidade de traervos algo prácticamente todos os meses.

E xa sobre as 6 da mañá chegaba o momento da última actuación. Para ir rematando a noite dende un pequeno escenario no outro lado do recinto, Dj Pettro facía xirar os pratos, pasando por diferentes estilos, como o dub, o reggae ou o D&B. Nos aproveitamos a chegada do son máis tecno para facer unha retirada a tempo.
Esperamos poder desfrutar doutra edición do Son das Mámoas o próximo ano!!!

FOTOS DO SON DAS MÁMOAS 2013

Picasa user or album is not correct

Texto e fotos: Lety GF

Vídeos: Carlos Gende e Lety GF

{fcomments}

Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Facendo click en aceptar, estás dacordo co seu emprego

Acepto